Somos de Mens e Asalo,
dos máis froxos do lughar.
Non quixeron vi-los outros
porque se queren casar.
Con cariño á xente toda,
quérenvos vos saludar
pedindo perdón a todos,
si nalgho vamos faltar,
contando nas cousas
do noso lughar.
Aló na nosa parroquia,
xa di alghún labrador:
Si foramos traballar,
que nos era ben millor.
Pero a culpa toda
tena o director.
É un rapás mui formal.
Non se mete con ninghién.
Ghústanlle moito as mulleres
pero maldito unha ten,
porque hasta na casa
non lle queren ben.
Deixemo-lo director,
que lle vai parecer mal.
Que lle queremos contar
a morte dun animal.
Matouno un home
que era un criminal.
Pola matanza dos porcos,
cheghou ó noso lughar
un matachín forasteiro.
Disque sabía matar
e as cousas bravas
non poden quedar.
Púxose a matar un porco
aló no noso rueiro
e ca punta do coitelo
picoulle un pernil enteiro,
que ten máis coraje
que alghún carniceiro.
Vamos indo coas mulleres
que nos dan ben que pensar,
que ahora de trece anos
dinlle á nai: quero casar;
e temén de oito
queren mocear.
E a nai dille que non,
pensando que están sagradas,
e d'elí a nove meses
xa quen llas dera casadas,
porque ahora elas
viven enghañadas.
Pintan a cara e as pernas
a mailos dedos dos pés.
Ahora con estes mundos
todas andan ao rivés:
a que non ten mozo
logho colle tres.
Os pais que ten fillas desas
poden estar ben tranquilos.
De noite s'andan por fóra,
Vigílanllas os veciños.
Cóllenas no brazo
coma os pequeniños.
Desas temén hai alghunhas
aló no noso lughar.
Aunque lle manden os pais,
xa non queren traballar,
que se fan máis bravas
ca as ondas do mar.
Deixemos esas rapazas.
Botádelle atrás un ghalgho.
Vamos falar das casadas.
Temén lle fai falla algho.
Si lle dan un dedo,
xa queren un brazo.
Se o home lle di en serio:
Mañán vouche da-lo mando,
xa se poñen tan contentas,
un día réndelle un ano
e despoi-lo pobre
morre traballando.
O lunes vanse po río,
empezan de borear.
Non se dá conta dos fillos,
se non debían calar.
Alghunha que vai
vai por criticar.
Empezan pola mañán
e fan desas diabluras
e os pobriños dos homes
traballando coma burras
e elas na casa
pintando nas unllas.
Así van pasando o día.
Alghunha xa non fai nada
e o home entréghalle os cartos
ao termina-la semana
e el no bolsillo
quédase sin nada.
Despois se lle pide un peso,
será pa comprar tabaco
ela logho lle di: Se collo
un pau que te mato;
vai pa borralleira
pra xunta do ghato.
E el queda caladiño
porque non ten que facer.
Alghún antes de casar
valíalle máis morrer,
pois si se devorcia
logho quer volver.