Daniel Pando naceu no Pando de Cuíñas en 1985 no seo dunha familia de forte tradición musical. Tocador de trompa leva anos traballando na recuperación e dignificación deste instrumento. Participa en diversos concertos, relatorios e gravacións para cine, televisión e radio. Actualmente preside a Asociación Ibérica da Trompa ou arpa de boca (AIT).