Grupo de Canto de Antaruxas e Sorteiros: (Dolores Niño Pérez, Amador Rego Murias, José Francisco Vilabrille Álvarez, Concepción Eiras López e Iván López Arias)
Este grupo de canto componse de dezaoito integrantes, que nada ten que ver coa Coral Polifónica, ainda que varios deles tamén participemos na mesma. En resumo, trátase dos mesmos que formamos un dos varios grupos de baile da Asociación Antaruxa e Sorteiros, que entre nós nos denominamos "os do pelo branco", non por nada especial pero si pola soleira dos anos. A agrupación folclórica componse de cinco grupos de baile ben diferenciados que individualmente interpretan as súas pezas nos escenarios, algunhas delas cantadas pola rondalla que nos ocupa.