Emilio do Pando naceu no Pando de Cuíñas e vive na Fonsagrada. Referente indiscutíbel sobre a cultura popular, un dos grandes tocadores de trompa que quedan en activo. Colaborou e instruíu a músicos e grupos de referencia da música popular galega como Milladoiro ou Luar na Lubre. Daniel Pando naceu no Pando de Cuíñas en 1985 no seo dunha familia de forte tradición musical. Tocador de trompa leva anos traballando na recuperación e dignificación deste instrumento. Participa en diversos concertos, relatorios e gravacións para cine, televisión e radio. Actualmente preside a Asociación Ibérica da Trompa ou arpa de boca (AIT).