Cerca de nós había un home que era moi economizador, é que antes non había luz…non había luz non? Entonces tiña un touro i unha vaca i o home era carpinteiro. Entón o carpinteiro andaba pa fóra i o outro acomodaba o ghado, e iba muguir a vaca ás escuras. E veu o carpinteiro e cambioulle a vaca de esquina e púxolle o touro. Entón vai o home pa muguir a vaca, bótalle a mao aos tetos e xa os encontrou duros.
Entón péghalle á vaca: está quieta Castaña, carallo! E após encende o candil i era o touro que estaba alí. Claro, botoulle a mao aos cousos i eran moito máis ghordos cos da vaca.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro