Naquel silencio da noite
sinte-la agua cantar
cando bate no rodicio
e a moa fai xirar.
Xira moa, xira moa;
moa do muíño pequeño,
o cantar da túa pedra
adorméceme o meu neno.
Deitado no meu regazo
o meniño adormeceu,
a lúa pra el miraba
e algún biquiño lle deu.
Cerrei a porta do muíño
e dentro del me quedei,
vendo saír a fariña,
vendo durmir ao meu rei.
A lúa xa se marchara,
o día viña rompendo,
os paxariños cantaban
e eu o muíño fun varrendo.
Co foliño na cabeza
e o rapaciño no colo
funme marchando prá casa
e triste o muíño quedou solo.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro