Miña nai mandoume á feira
a vendir unha galiña,
atopeime cunha moza
e quedeime na carballeira.
Empezamos a brincar,
empezou a brincadeira
e así pouquiño a pouco
fomos indo prá xesteira.
Alí pasámolo día,
foi un día mui fermoso,
eu brincando coa moza
e a galiña co raposo.
Cando viña prá casa
era alá pola tardiña,
alá me chega Pepiño
sen cartos e sen galiña.
Cando llo contei na casa
esperaba unha malleira,
miña nai botouse a rir,
acordóuselle a xesteira.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro