-[...] decir, eu eso na casa téñoo xa coma se fora unha cousa que pasou de verdá, e...sei que a nosa descendencia que viña de Carballás, e entonces...foise de Carballás, viña un señor sempre e chamábanlle o tecelán. E entonces viña e...e ao que cheghaba á casa dos amigos que viña visitar, tiña unha capa coma a que puxo antes o señor, e tiña unha capa e ao pasar un / ao meterse a luz ao mellor por un burato da casa, porque antes as casas non tiñan ventanas abertas, era un bufardiño que había por alí
-Bufardo se lle chamaba.
-Exactamente, e entonces metíase por alí o raio do sol i ao meterse o raio do sol agharraba a capa e púñaa encima e a capa xa non caía, quedaba alí, despois traía un bastón e puña dun banco a outro i alí que se sentaba, que non se sentaba no banco de nadie. E entonces...e que estaban así falando, coma aghora, conversando todos, uns cos outros e que dixo el: vaia, meus soliños, se souberades o que nos espera, pra a fin do mundo o que nos espera porque aghora temos muitas cousas que...aghora non as vedes pero inda se van ver.
Aghora andan, non hai cabalos, nin hai nada pero inda habemos cheghar a ver coches sin caba / alí, o andar os carros sin cabalos e a coches e a xente polo aire, a xente polo aire que había de andare, estar todo cruzado de carreteras...E cando viñese vindo ese tempo que se viría aproximando a fin do mundo.
Cando se / cando apareceran esas cousas todas o que nos parecería estraño, pero que pra el que quedaba contado así. Eu ese xa o teño aquí desde...tería tres ou catro anos e teño setenta e oito asi que...eso xa o teño, eu xa o teño coma de costumbre.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro