Eu, tamén son deses que nacín p'o mar, e nacín no mismo puerto de Celero, casualmente na casa que nacín empezaron ayer a derrumbalo, eu son do Celeiriño (incomprensíbel), e empezaron a tirala ayer e nesa casa nacín eu, hai ochenta e un anos, que son os que teño (incomprensíbel). Levo sufrido bastante, moito, no mar, de remos, de anzuelos, de redes, de todo, e esto é unha historia moi grande e non se pode contar moito tempo senón cheghamos a, cheghamos a (Boiro). Pero é eso, sacrificio moito, pasei moito e cando non íbamos ao mar, había que atender ás terras en terra, traballar a terra, ir ao monte por leña (incomprensíbel) o caldo, o lume ou o que fora e todas esas cousas veñen, ao non ir ao mar había que actuar neso, axudar aos pais.
- I alghunha vez pasou medo no mar?
- Medo? Pois tuvemos eu e mais Antún, fumos náufragos en Celeiro (incomprensíbel), non nos pasou nada a nosoutros pero aquel día morreron dous, os armadores. E [des]pois estuven en peligro (incomprensíbel) outras veces, pero non pasou nada, na costa de aí que lle chaman a Costa da Morte, aquí por fóra de Cariño, tuvemos a pique tamén de que nos papara (incomprensíbel) e logo depois anduven na mercante, axudei a salvar vinte tantos homes de Haití, viñan nunha barca desas, prófugos deses que escapan dun lado pa outro e tocoume [es]tar a eso, perdeuse tamén un (incomprensíbel) outras moitas que hai, téñoo pasado moi mal, téñoo pasado ben, no Canadá queimoume sete dedos o frío a vintecinco baixo cero, tamén o sufrín, e moitas cousas, moitas, moitas.
- I cantas veces chegou a terra e dixo, non volvo máis?
- Non, nunca o dixen.
- Nunca o dixo.
- E cando naufragamos en Celeiro (incomprensíbel) había que ir, había que defender o da casa, se non era por un camiño era por outro, pero levo sufrido moito, e ademais que era todo, daquelo que non había o que hai hoxe, daquela collías a roupa d'agua para ir pra o mar e xa che facían (incomprensíbel) que eran pintadas e con aceite deso, cheiraba ao (incomprensíbel) perdonando a palabra e todas esas cousas, había moito sufrimento, a remo teño cheghado (incomprensíbel) e volver pa aló, de Cariño tamén (incomprensíbel) a remo, e durmindo, e remando e todas esas anecdotas veñen á historia nosa, do mar, (incomprensíbel) esto é todo o que lle podo dicir.
- E aparte da maruxaina que vén aquí todos os anos, veu algunha serena por aí?
- Nunca vin a maruxaina esta, nunca me tocou (incomprensíbel). E esto é o que lles podo contar (incomprensíbel).
Autor/a da transcrición: e~xenio