Esto é un caso dunha señora(...)[es]taba solteira pero tiña un fillo de solteira, o fillo tampouco non era así c'as primaveras todas. Chamáballe Pepiño. Pois Pepiño, viña p'alí a veciña que tamén estaba solteira que era da edá de Pepe e víñase quentar polas mañás, así no inverno, e poñíase toda escarranchada cara ao lume e a nai: Pepiño, come as sopas, Pepe! E Pepe tiña así a taza no medio das pernas e calaba. A ver, Pepe, por que non comes as sopas Pepe? (incomprensíbel). Á terceira ves que lle insisteu tanto, dixo el: mamá, se quere que coma as sopas, díghalle a Josefa que cerre as pernas senón o pirolo tírame c'a taza!
Autor/a da transcrición: e~xenio