Se queren oíla
ireilles contando
a vida privada
de Manuel do Campo
Ai si, de Manuel do Campo!
Ai si, de Manuel do Campo!
O Manuel do Campo
cando era pequeno
á primeira moza
deixouna cun neno
Ai si, deixouna cun neno!
Ai si, deixouna cun neno!
E cando era novo
foi tunar a Mieres
reghresou pr'a casa
con sete mulleres
Ai si, con sete mulleres!
Ai si, con sete mulleres!
E Manuel decía
i eu que vou facere
que as sete mulleres
n'as poido atendere
Ai si, n'as poido atendere!
Ai si, n'as poido atendere!
E morreulle unha
pero el non ten pena
porque aínda lle queda
a media docena
Ai si, a media docena!
Ai si, a media docena!
Pasou alghún tempo
i entre unhas e ioutras
de fame e disghustos
morréronlle todas
Ai si, morréronlle todas!
Ai si, morréronlle todas!
Corréuselle a sona
do que lles facía
buscou e buscou
e ninghunha o quería
Ai si, ninghunha o quería!
Ai si, ninghunha o quería!
Non podo vivire
así deste xeito
qu'eu a durmir solo
non estou afeito
Ai si, non estou afeito!
Ai si, non estou afeito!
E tiña unha burra
tan feita e tan linda
que a consideraba
coma da familia
Ai si, coma da familia!
Ai si, coma da familia!
E dixo Manuel
vou ao señor cura
que se me autoriza
eu caso coa burra
Ai si, eu caso coa burra!
Ai si, eu caso coa burra!
E díxolle o cura
que o demo te vexa!
qu'eu non che autorizo
i a burra na ighlesia
Ai si, a burra na ighlesia!
Ai si, a burra na ighlesia!
E díxolle (incomprensíbel)
élle a miña sorte
se non é na ighresia
casemos na corte
Ai si, casemos na corte!
Ai si, casemos na corte!
Prepara o pesebre
para a cerimonia
e tes que ir vestido
cunha albarda nova
Ai si, cunha albarda nova!
Ai si, cunha albarda nova!
E dixo Manuel
por eso non seña
que non hai casado
que albarda non teña
Ai si, que albarda non teña!
Ai si, que albarda non teña!
E díxolle o cura
pra cousa ir bene
tes que preghuntarlle
i á burra tamene
Ai si, á burra tamene!
Ai si, á burra tamene!
E díxolle a burra
eso si que none
teño outro máis ghuapo
na corte do Antone
Ai si, na corte do Antone!
Ai si, na corte do Antone!
I eu ben cho coñezo
a ese ghalopín
e non creo que seña
máis burro que a tie
Ai si, máis burro que a tie!
Ai si, máis burro que a tie!
E díxolle a burra
non presumas tanto
se non é tan burro
ten outros encantos
Ai si, ten outros encantos!
Ai si, ten outros encantos!
Dáme un bico burra
qu'eu sei que me queres
e non [es] tou disposto
a que me desprecies
Ai si, a que me desprecies!
Ai si, a que me desprecies!
E díxolle a burra
ti que eres tan ghuapo
bícame se queres
por baixo do rabo
Ai si, por baixo do rabo!
Ai si, por baixo do rabo!
E Manuel celoso
e cheo de furia
colleu un coitelo
e matou a burra
Ai si, e matou a burra!
Ai si, e matou a burra!
Despois de facelo
botouse a chorare
eu á miña burra
n'a poido olvidare
Ai si, n'a poido olvidare!
Ai si, n'a poido olvidare!
Adiós miña burra
miña compañeira
mañán te levaba
co millo á feira
Ai si, co millo á feira!
Ai si, co millo á feira!
Contestoulle a burra
tócate o carallo!
o millo se queres
lévalo no carro
Ai si, lévalo no carro!
Ai si, lévalo no carro!
I a burra de morta
reghañaba os dentes
e iba decindo
adiós, meus parentes!
Ai si, adiós, meus parentes!
Ai si, adiós, meus parentes!
I a burra de morta
levantaba o rabo
e botaba flores
pra Manuel do Campo
Ai si, pra Manuel do Campo!
Ai si, pra Manuel do Campo!
Autor/a da transcrición: e~xenio