Boas tardes señor cura
véñolle a preguntare
por facer tres casamentos
canto nos vai a cobrare?
-Un cóstalle trinta pesos,
e os tres valen noventa,
e como son os tres xuntos
rebaixareille da cuenta.
-Claro que son todos xuntos
e todos nun mismo día,
caso eu, e casa a neta
e tamén se casa a filla.
-Pois véñanse cando queiran
que eu cásoos de contado
e como son os tres xuntos
heillo de facer barato.
Na miña vida tal vin
desde que son sacerdote,
tres casoiros nunha casa
debe ser sinal de morte.
Pos non é ningún milaghro,
é que encontramos tres burros,
e hai que aparellalos
pa que queden ben seghuros.
De padriños e madriñas
xa valemos uns pa os outros
e misa chéghanos unha
que queremos rezar pouco
Un día de moito inverno
saliron pa se casare,
deixaron na casa sola
aos rapaces do lughare
entráronlles na cociña,
roubáronlle a carne toda,
o viño e as empanadas,
todo o que tiñan pá voda.
marcharon pa unha xesteira
moi alegrhes e contentos
o viño andaba por cuncas
a carne por terombelos.
Alí fixeron a festa,
á conta dos casamentos,
o viño andaba por cuncas
e a carne por torombelos.
Cando chegharon a casa
encontraron todo varrido,
nin molete, nin ovella,
nin o pelexo do viño.
-Quen sería o ghalopín
tan ladrón e desalmado?
dixeron os matrimonios
todos a un tempo chorando.
E o conto foi despois,
chegharon os invitados
topan as portas fechadas
os matrimonios chorando
-Que vos pasa meus amighos?
Dixo a tía Micaela:
mentres nos fomos casare
roubárono-la ovella
molete de pan de trigho
empanada e paella
e non levaron a casa
que non puderon con ela
Os matrimonios á noite
foron moi cedo prá cama
pero como tiñan fame
non puderon bailar nada
porque o baile, meus amighos
polo visto sal de panza
e aquel que non che come
ten poucas ghanas de danza
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro