Meu cuñado está morrendo
Miña cuñada está chorando
e (nunca podo oír) o ghalo
coas ghaliñas cantando
bois e vacas e becerros
xa na (ponte estou) loando
o cabalo e maila besta
no curral tan relichando
O meu cuñado xa morreu
miña cuñada sigue chorando
xa non o ve enterrado
na terra do camposanto
miña cuñada vaille levar moitas flores
lévalle dúas ou tres
xa se encontra moi ansiosa
para cura-la viudés
de paso vaille dicindo:
xa volverei outra ves
Este mundo é así
haino que deixar andare
a costa do meu finado
mui ben o vai pasare
o día que el morreu
foi día de San Mateo
por eso estou mui contenta
que está gozando no ceo
Está gozando no ceo
rodeado de anxeliños
tamén está San Silvestre
e o mismo San Martiño
Eu ahora estou contenta
estouno pasando mui ben
podo salir da miña casa
sin que mo quite ninguén
eu anque che salo da casa
siempre che salo moi triste
porque o que durmía comigo na cama
agora xa non existe
o probre [es]tá enterrado
nunha boa sepultura
eu cando me acordo del
vou siempre falar co cura
Díghalle unha misión meu finado
don Froilán
se pode ser hoxe
non espere a mañán
Estate tranquila Xoana
díghocha con moito ghusto
aínda me acordo Xoana
daqueles tempos pasados
cando durmíamos xuntos
Ben me acordo, don Froilán
non pense que me olvidei
cando con usté na cama
aquel día me deitei
e nin sequera un momento
do meu finado me acordei
Non teñas pena, Xoaniña
que eu me recordarei
cando pase polo cementerio
responsos lle rezarei
Ai, que alivio, don Froilán
si usté lle reza ao meu finado
tamén lle ha de ladrar o can
Estate tranquila Xoana
eso non entra no meu plan
cando non me acorde do teu finado
hase de acorda-lo can
Moitas ghracias, don Froilán
que llo hei de aghradecere
esta noite na súa cama
con vostede me vou metere
Moitas ghracias Xoaniña
díghocho de corazón
unha muller coma ti
ben merece o meu preghón
O seu preghón, don Froilán
para min non vale nada
senón podo dormir tranquila
de noite, na miña cama
Vénte para a miña casa
vénte comigo Xoana
se queres dormir tranquila
de noite na miña cama
valo pasar moi ben
alá pola madrughada
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro