Chámome José Pino, son de Celeiro, son mariño mercante e por vocación son patrón de pesca. Por vocación a mais porque me gusta moito o que faigo. E...viña falar curiosamente do bacallau, pero despois de salir detrais dunha xeración que son, non solamente os meus veciños, senón é practicamente os meus maestros, bueno estou bastante fastidiado da garganta, espero que vaia salindo a voz..
Pois a verdá é que non sei se vou falar do bacalau, porque acábannos de dar un exemplo simplemente ca súa presencia. Estes son, e eu son fillo desta xeración e nós temos o gusto de disfrutar de unha sociedade de bienestar, sobre todo nos portos pesqueiros gracias precisamente a esta xente, ó que sufreu, ó que padeceu. E ao que foron capaces de constituír en portos tan pequenos como Celeiro, que efectivamente non era nada. Entón, cantas veces tedes oído falar, creo que hai algún libro por aí co título, pero o famoso mito de os homes de ferro en barcos de madeira? Estes son os verdadeiros homes de ferro en barcos de madeira.
Viña falar do bacallau non como a pesca do bacallau, nin de temas técnicos, sinón polas penurias que se ten ao pasar nunha pesca coma a do bacalau. Pero claro, crin que se iban a estender máis, crin que iban a falar do que foi pescar en barcos moi pequenos de madeira que foron progresando moi pouco a pouco e que tan mal o pasaron. Eles tuveron a suerte de vivir desde o primer tercio do siglo vinte hasta ahora, hasta a súa retirada mais atrais da súa retirada porque algún póidose retirar antes pero tocoulles a vivir todo o que é o paso do desarrollo da tecnoloxía, algo tan importante na pesca como é o desarrollo tecnolóxico.
Eles empezaron a navegar sin nada. Que esta xente se haya apoyao aquí precisamente nunha bitácora é mui significativo, é dicir, esta xente empezou ao mar con un compás e un reló. Laureano xa é da época boa, é o pionero do Sestante, algo que sabía manexar nos barcos de pesca mui pouquiña xente, contados, pero mui contados, seis, sete personas. Entón, navegábase simplemente por estima. E é curioso, porque pescaban. Eran mui bos pescadores. E alguien podo dicir "é que había peixe en todos os lados". Bueno, había que saber chegar aos bancos. Había que pescar e había que saber traelo peixe. Estamos falando dunhas épocas en que esta xente anduvo ao mar en que non había unha simple predición meteorolóxica, co cual, esta xente cando se separaba da costa en barcos de vinte metros de eslora, vinte e dous, dazaoito, non sabían o que se iban encontrar, nin sabían a que distancia iban estar da costa pa volver. É algo tremendo, é dicir, son os verdadeiros pioneros da pesca en Galicia.
Eu sempre digo que nós temos unha área de influencia que a miña forma de pensar é que eu nunca digo os do norte de Galicia somos (cántabros), todas as influencias a nós nos chegan de leste, posiblemente máis rápido que das Rías Baixas. Entón, por ejemplo, neste porto noso, igual que en San Ciprián, tódalas influencias chegaron en forma de barcos.
Comprábanse barcos, facíanse barcos e toda a tecnoloxía se importaba da parte de leste. Esta xente foi capaz, non solamente de importar esa tecnoloxía, sinón de desarrollala, e tocoulles e tuveron a suerte de ser pioneros no sentido de ir aplicando ós barcos todo que automaticamente se presentaba no ambiente en forma de tecnoloxía. É dicir, despois da segunda guerra mundial cando empezaron a aparecer, que eles solamente o sabían de oídas claro, aparecían o que eran os soldadores eléctricos, os primeiros soldadores eléctricos, as primeiras sondas, que non era nada. Era un simple pelillo que iba deixando unha marca nun papel. Foron capaces de aplicalo, é dicir, foron capaces de adaptarse e eles teñen unha concepción moi clara que é "ao mar non se pode engañar, si tu queres pescar ao barco haille que dar todo o que o barco require e necesita, non solamente en aparatos, sinón tamén en aparellos, en tecnoloxías aplicadas a tipos de (incomprensíbel) a liñas e a anzuelos.
Esta xente foi capaz deso, por eso pa min merecen / pa min é un gran privilexio salir despois deles, é algo que non o sei explicar non. Síntome mui, tremendamente, mui, mui feliz por ser capaz de saber que son un heredeiro dunha xeración que o pasou francamente mal, tremendamente mal. Hai que darse conta que despois da segunda guerra mundial ou despois incluso da Guerra Civil, a segunda guerra mundial tamén nos afectou pero non había nada. Había unha carencia completa de todo. Por eso moita xente túvose que ir efectivamente dos portos estes buscando onde ganar máis ou buscar onde efectivamente xa estaba a pesca implantada doutra forma non?
De aí que era o que iba falar un pouco do bacallau non sentido de que non é unha pesquería cerrada solamente a vascos, aínda que eles presuman dela nin ós galegos das Rías Baixas. Tuvemos xente nesta zona, incluso eu atreveríame a dicir que pioneros na pesca do bacalau porque culturalmente o bacalau descubreuse en augas do norte cando os pescadores de baleas foron seguindo a estas que se aislaban, que se separaban cada vez máis da costa. Entón todo o mundo sabe que San Ciprián e toda esta zona da costa foron pescadores de baleas a principios de siglo.
Entón é posible que non solamente os vascos houberan chegao ao norte, sinón tamén xente desta zona. Despois na época do bacallau anduveron practicamente unha pesquería que se contempla pa vascos e gallegos das Rías Baixas, pero si houbo aquí xente que tamén puxo unha (pica) nesta pesquería, foi capaz de conseguir moi bos postos, non postos de patróns nin de (motoristas) porque era unha época que realmente eran cargos que se iban ocupando por veteranía máis que por, por titulaciós coma hoxe non?
Pero hai que dicir que esta xente efectivamente é a xente impulsora e precoz tanto na forma de traballar coma en tódolos materiales usados, como incluso nas titulaciós, porque esta xente, Laureano é un deles, é dos primeiros que van á reciente inaugurada escola da Coruña, a escola pesqueira co cual, vén saber a importancia desta zona da xente d'aquí, da nosa mariña. Entón, bueno, penso que deixamos paso a alguén mais non...
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro