Eu chámome Francisco, empecei moi novo ó mar coma todos, ós trece anos e eu vou contar o pelighro que esto estábamos levantando como dice o compañeiro Laureano, tabamos levantando o palangue no banco dos (incomprensíbel) aí en frente a Portugal, un temporal que nos papaba. Nosoutros e dous barcos de Espasante. Eu estaba de patrón, era o patrón do barco e ao compañeiro que estaba ao lado lévalle tres homes un golpe de mar. Estuvemos toda a noite á busca deles, tres rapaces novos: dazasete, dazaoito e vinte anos. Toda a noite á busca deles, apareceron os caixós do aparello, apareceu o aparello, apareceu todo menos eles. N[on]'os encontramos. Esas son anécdotas do mar, quero dicir o pelighro donde estuvemos metidos todos, todos eh! E coma estas anécdotas temos centos.
Outra desas, estábamos un día levantando o palán andábamos ao espada e collemos un (incomprensíbel) de quinientos kilos. Tamén é unha anécdota. E outra volta collemos unha tolina pequeniña así ((indica o tamaño coas mans)) viva e a madre chorando ao lado. Daba pena. Agharrade a tolina e tirámola ó mar. Xa son anédotas...
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro