Eu fun pescador toda a miña vida desde neno. Tuven tragedias, tuven boas cousas e casos mas duros que pasei foi que nave/ que naufraguei dúas veces. A segunda vez que naufraguei era patrón dun barco. Botei trinta e pico de anos andando barcos. Pois estábamos solos (incomprensíbel) e no momento, nese momento pois era moi gorda a fuerza da agua que entraba e chegou un barco cando mismo tíñamos a agua na cubierta e foi o que nos salvou a vida, estamos aquí porque nos salvou a vida. E detalles, eu non vou a poñerme a contar o que / fun un pescador desde mui neno hasta que me jubilei aos cincuenta e oito anos. E como quero dar paso a todos tiña moitas historias destas que me pasaron pero quero dar paso a todos para que todos póidamos dicir algo do que nos pasou na nosa vida.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro