Por exemplo, relativos á predición do tempo alí no Vicedo e alí na parroquia de Mosende, bueno, é unha parroquia de interior, teñen como referencia o mar para, para predicir o tempo i entón di que "se roxe o mar en San Román, collo o arado na man, se roxe en Esteiro (incomprensíbel) no fumeiro". Despois tamén hai outra, bueno que está relacionada, hai unha capela que está ao lado do Río Sor e que, ao lado da ponte do porto, que comunica o que é o concello de Vicedo con Bañón, a provincia de Lugo coa da Coruña.
E hai unha, unha, unha capela que se chama das Angustias i era moi (avogosa) non sei i entonces era mui, mui / tíñanlle muita devoción os mariñeiros non? I entonces sobretodo cando ía o mar bravo trasladábanlle a imaxen hasta a igrexa de (incomprensíbel) conseguindo dese xeito que amainara. I despois devolvíana xa cuando o tempo estaba calmo, despois de lavarlle os pes no río Sor e así parábase a...
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro