Co corpo erguido, arrogante
en cada ollada unha estrela
un cantaruxo no (mare)
a brisa dunha marea
e nos beizos os compases
do canto dunha serea.
Co corpo erguido, arrogante
a vazía de ondas chea
bisbos, sardiña, bocarte
bailando sobre a rodela
ao compás dun redobrante
que (ao mar) bulían as penas.
Co corpo erguido, arrogante
leve, de ás de bolboreta.
As mans tremando do talle
para buscar a maneira
de cimbrear con moita arte
aquel andar de princesa.
Co corpo erguido, arrogante
dengue, saia, mouras medias,
mantelo con peto grande
para gardar as cadelas
e abrazándoa de encaixes
o bo dun pano de seda.
Hai que ollada, que semblante
como a brisa bica nela
aquel andar, aquel arte
hai que daba xenio bela
pintando no vento un cante
que acariñaba nas fiestras
Traio sardiña, bocarte,
peixe rulado coa fresca,
un pinto pra engaiolarte,
catro bambas e unha meiga.
Raíña non ques mercare
do mar o pan que nos deixa
así vai a quen ben sabe
vendar o peixe ás mancheas.
Así vén, a que ben sabe
gañar os cans e as cadelas.
Co corpo erguido, arrogante
pescantina, mariñeira.
Moitas grazas!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro