Eu seguindo o que decía o amigo anterior, o compañeiro, non sei como se chama, que saíu hai un pouquiño, Vicente, que non hai moito,efectivamente, non hai case nada recollido sobre o mundo do mar. E decía, decíame aínda non hai moito Alonso Montero, dicía que "estou agardando aínda que haxa unhas memorias do neno mariñeiro, así como hai memorias do neno labrego, que haxa unhas memorias do neno mariñeiro".
Eu teño aquí un dicionario fraseolóxico do mar, non vou facer propaganda que non é que esté / está escrito por min obviamente pero está / non é porque o escribira eu, que o recollín. Son todos ditos, expresións frases feitas recollidas no mundo do mar, sobre todo focego, Nois, Fazouro, esta zona de aquí. E hai, bueno, expresións riquísimas como as que mencionaba Vicente. Eu, por exemplo, lémbrome recollendo isto, que leva / é unha laboura de anos obviamente, isto non se recolle...Están todas definidas, están todas coas acepcións, non só do mar, senón as acepcións que se lle dan. E lembro que un rapaz por exemplo en Foz me contaba un día que sempre a conto porque é mui simpática e máis é algo tatexo, é novo e isto é difícil que se, que se manteña nos novos, os vellos si saben moitos pero os novos xa non tanto. E contábame que estivera na discoteca (incomprensíbel).
Dicía: invitei a unha rapaza a un cubalibre e cando me dei conta comeume a carnada e cagoume no mocelo. Ou sexa que comer a carnada e cagar no mocelo, que metáfora tan ilustrativa de que lle bebeu / tomou a consumición e despois adios mui boas ou ibas cun amigo á discoteca e dicías que tal ho? Que tal? Hai algo por aí? E dinche: no, eu alí deixei os traballos largos. O sea, deixaba preparado a ver se á volta ligaba. Deixei os traballos largos etcétera etcétera non?
Ou aqueles que o castelán ou o complexo do galego non? O castelán é aquel en que non é moi mariñeiro pero é moi simpático. Aquel barbeiro que estaba, que estaba cortando o pelo a aquel, a aquel patrón, e sabedes que aquí cando nos acaban de cortar aos homes detrás do pelo, aquí quédanos unha, unha pelusilla que che pasan a navalla por aquí. Entonces o barbeiro estaba (incomprensíbel) que é o bello en castellano e dícelle: le corto el viejo de la caluga.
Entón aquí, eu recoméndovos non por, por, por min senón recoméndovos por...está editado pola Nosa Terra e atopades expresións: estar na nasa, estar nas minchas, estar no medio da trapallada, estar no seco, estar (incomprensíbel), estar ao devalo, estar o mar como o carallo, estar o mar como o sebo, estar o mar como un plato, estar ao axexo, facer a trampa, facer algo a boa fe, mariñeiro de terra, mariñeiro feito, mariñeiro lagañoso, mariñeiro matalote, mariñeiro proel, etcétera etcétera, hasta dúas mil entradas teño aquí definidas e contextualizadas. Quero dicir que isto hai que facelo. Eu, ti o outro, quen sexa! Hai que facelo, hai que recoller o que estes homes nos estuveron contando hoxe aquí.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro