Ben, boa tarde, antes de nada quero agradecer a asistencia a esta xuntanza a todos e a todas porque coa vosa presencia honrades neste acto. Quero agradecer tamén a Reigosa e aos responsables de, de, desta iniciativa por convidarme a esta polafía.
Eu non vou ser breve, vou ser máis extenso, pero a ver se chegamos pas navidades, pero quería dicir que vou falar un pouquiño máis, xa que non falaron os meus, os meus veciños, que Laureano é irmán meu e os mais pois son os tres que falaron ao principio, o señor Antón, Lage e Flecha e máis Laureano somos / compartimos doce anos e do que me sinto moi honrado de estar con eles porque aprendín moitísimo da asociación de veciños de Celeiro e non vou falar deso senón vou falar do mar non?
Porque esta xente, seguindo o fío do que fala Pino, deixáronlles á xente do mar pois aberto moitos camiños non? Ten unha valía / son unha estirpe distinta. Entón vou falar da miña familia, unha familia mariñeira, e non quero que entendan, gustaríame na miña, na miña intervención, que vou falar a nivel persoal, non é un tema particular, senón que é un reflexo de unha realidade socioeconómico, socioeconómica da Galiza, dos portos mariñeiros de Galicia na primeira metade do século XX ou incluso ben entrado a década dos 60 non?
Eu son dunha familia mariñeira e digo con moita honra que meus catro avós eran xente do mar e digo con propiedade meus catro avós, porque un era mariño mercante, outro era armador dunha / de baixura dunha (tarafa) e miñas avoas, como a meirande parte das mulleres naqueles tempos pois eran xente do mar digo, porque eran as que, cando non había peiraos nin muelles de atraque, eran as encargadas de descargar o peixe, eran as que traballaban na, na pesquerías, nas fábricas de salazón, nas fábricas de conserva que eu recordo de neno, nos anos sesenta dazoito fábricas traballando, na zona de Lugo, en Celeiro de conserva ou vinte e tres de salazón.
Eran as (redeiras), eu teño unha foto aí que despois se pode enseñar, se fai o favor, eran / bueno calquera das dúas pódese enseñar si fas o favor. Aí se ve descargando no peirao de Celeiro como a importancia da muller que chegou a ser, non solamentes en Celeiro, senón chegou a ser un referente casi un matriarcado porque é ben que os mariñeiros traballaban no mar e unha vez chegado o peixe a terra as mulleres facían a labor (incomrensíbel), vense dúas mulleres, un delas é miña avoa, vense máis aí ao fondo, que iban traballar ao aparello a distintos sitios non?
E aló cargábano e levábano non solamente ás fábricas de Celeiro, senón que, gracias Reigosa, levábano, miña avoa tenme contado que ten vido a San Cibrán aquí a vende-lo peixe con moitas máis mulleres, ca maseira, ca maseira de peixe, de congrio, de sargo, de (incomprensíbel) a vendelo a San Cibrao, incluso (incomprensíbel) das mulleres non. A importancia da muller foi e...deulle un pulo aos portos de mar, e falo de Celeiro porque é a referencia que teño, pero é un pulo de sostento nunha, como comentaba antes o meu veciño Pino, nunha, nunha etapa de precariedade económica como foi a da posguerra, que se poden imaxinar non?; precariedade económica e social tamén.
Eu teño falado a veces con sociólogos e con antropólogos e chámalles a atención aos que veñen de fóra, en Madrid están facendo unha tesina, chamáballe a atención o significativo que é que nun porto de mar a inmersión, verdá, da muller no mundo laboral non?, e máxime nesa etapa que estamos a falar non?, a da posguerra, cando aínda non estaba incorporada a muller ao mercado laboral, que lle costou ben non? Pero o que agora quería, seguindo (incomprensíbel) e repito e insisto, perdonade a insistencia, que quero que entendan que estou falando de moitas familias mariñeiras que é un reflexo do que pasaba non solamente na miña casa.
Meus pais tamén son xente de mar. Meu pai foi mariñeiro toda a vida e miña mai, pois traballaba nas fábricas tamén na de salazón, na de pesca, sempre relacionados. Meus irmaos que somos unha familia de sete irmaus, dúas mulleres e cinco homes, eu son o máis novo e meus catro irmaus, que Laureano é o maior toda a vida andiveron ao mar, e repito, como toda a xente nesa, nesa primeira metade do século vinte.
Pero andaba ao mar, (incomprensíbel) por extenso, e gracias a eles, ao que lle oín comentar a eles, non porque estudiara eu, non hai máis univerdidade que a que dixo meu irmao pa o mar, como dixo meu irmau, que andar nel. (incomprensíbel) E escoiteille moitas veces a eles, e a outra xente, pero sobre todo a eles, que empezaban con nove, o maior de nove anos de boteiro, os outros con dez, once, doce.
Empezaban de boteiros, igual que o señor Antón que non falou del, non falou pero eu vou falr del, do que me contou. Empezaban de boteiros que era un oficio que encargaban de levarlle o servicio ás lanchas, cando non había muelles de atraque como dixen, non había peiraos de atraque entonces había que, primeiro facer o trasbordo da xente, a tripulación que tiña que ir pa terra ou cando embarcaba levala pa alí, descargar, descarga-lo peixe, leva-los bíberes etc. Ese, ese oficio que lle chaman boteiros pois foron os pioneiros que usaron trinta, corenta. Ganaban un cuarto quiñón me dixo o señor Antón, logo si ascendían chegaban a ser muchachos, chos lle chamaban na zona de (incomprensíbel), que vén a ser como un pinche e ganaban medio quiñón, o quiñón saben que é a parte proporcional que lle corresponde a un mariñeiro polo, polo / do que se mercaba na pesca non?
E quero moito facer un inciso, con moito orgullo, xa que estamos aquí tantos de Celeiro, eu supoño que os de San Cibrao e desta zona saben, conocen o noso xentilicio é chilindrís nos chaman, a min é verdá que me enche de orgullo que nos chamen chilindrís, outras veces os xentilicios son un pouquiño peyorativos non? Pero a orixe de chilindrís é precisamente gracias a estes nenos boteiros cando viñan os barcos ingleses e chamaban estes nenos pa que viñeran facerlles o servizo á lancha chamábanos children, children, nenos, nenos! E de children chegou chilindrín non? Creo que é curioso pero ao mismo tempo enorgullécenos porque é identitario de Celeiro non?
Para rematar quero dicir que, tamén quería desglosar outro tema, e xa acabo, o seguinte non? Meus irmaos foron os catro ao mar hasta que se retiraron, non teño a conta dun día, tal como dixo meu irmao antes, e botaron máis anos, pero con diferencia, algúns desde os nove, dez, once anos de boteiros e (incomprensíbel) cincuenta e pico, sesenta, algúns máis de sesenta, botaron máis anos en vinte metros de eslora na súa vida que na familia. Quero dicir un referente que se coñece como (incomprensíbel). Eles, esa xente, sigue navegando por terra. Esa xente sigue navegando en terra, a súa linguaxe ten unha riqueza enorme que se descoñece.
E aquí quero reivindicar que na literatura galega que a nós nos parece que hai tanto, hai case un baleiro inxustísimo a escaseza de literatura do mundo do mar, sendo a pesca pos un dos sectores máis dinamizadores e de fonda representatividade identitaria do noso pais non? De Galicia. E encontro inxusta pos que, que non haxa máis profundidade nese tema non?
Pero iba dicir que a min de neno, falo con oito, sete, oito, nove, dez anos, e repito,a todos os meus amigos pasábanlle igual cando iban á costeira do bocarte, (incomprensíbel) que chamamos aquí verdá? Cando iban a (incomprensíbel) e cando iban a partires de San Xosé, de marzo a xunio, dous meses e medio pa chegar logo á (incomprensíbel) do bonito. E viñan de alá e nos traían recordos, as miñas primeiras palabras eufónicas marabillosas que oín na miña vida viñeron do mar e aos demais igual (incomprensíbel), eso quedounos aos nenos gravado moitas veces non? Sonábanos a algo marabilloso. (incomprensíbel), pero bueno, son os tempos.
Quería dicir tamén, e xa agora remato, que cando sucedeu o que é o episodio máis tráxico na historia de Celeiro que (incomprensíbel) no 1961 (incomprensíbel) o 12 de xuño, de xuño, de xullo perdón, foi unha (incomprensíbel), un temporal que se desatou na cornisa cantábrica e no que morreron 83, 83 mariñeiros. Especialmente tráxico, convulsionou o porto de Celeiro porque morreron 83 persoas, salvouse outra xente pero 83 pos quedaron alí, enterradas no mar. Bueno, rescatouse unha solamente pero morreu a bordo, era na praia.
Eu entonces gracias ao instituto da marina, e non eu senón a moita xente, quero reflexalo aquí, o instituto social da marina pagábanos aos orfos e ás orfas os estudios hasta a maioría de idade, e unha vez chegados á maioría de idade pois pa rematar os estudios pois miña familia, miña mai non tiña posibles e entonces fun ao mar dous veraos pa poder gañar cartos e poder rematar maxisterio non?
Entonces, eu non son xente de mar, porque a xente de mar é outra estirpe como dixen antes non? Pero aprendín moitísimas cousas, pra min foi un impacto, non solamentes un oficio distinto que aquí os que vivimos no litoral descoñecemos moitísimo ese outro tema, sinón o impacto, a riqueza lingüística, a riqueza lingüística que hai, foi o único ámbito que recordo na miña vida e teño 53 anos onde na máis que oín falar galego pero pa que me entendan vou contar unhas anécdotas máis.
Ríanse de min, normalmente, eu acabando maxisterio e repito que era o máis ignorante que había naqueles vinte e pico metros de eslora non? Porque eu dicíalle a un: Tino, este cubo póñoo no suelo? E dicíame el: pero, aquí non hai suelo, esta é a cuberta. E coma eso podía contar, como era novo estábamos facendo carnada aí (incomprensíbel) na ría de Sada, e eran as tres ou catro da mañán, non recordo, eu estaba cansado, non estaba acostumbrado a tanto traballo tan seguido, andar á carnada e entón pregunteille: oe, Antón, cando vamos pa a cama? E colleume polo cuello: chaval pa a cama vas ir antes de quince días e que ibas ir pa o (incomprensíbel).
Quero dicir esta riqueza que...pa que me entendan, o bonito non é o bonito, alí é o mono, cando e pequeno e recortado, cando é normal e (incomprensíbel) unha palabra bonita, preciosa que está en galego (incomprensíbel) e coma eso podía falar miles de exemplos da riqueza lingüística do léxico e da semántica porque as frases destes homes que acabo / sigue navegando en terra dicía despois de tantos anos no mar, siguen navegando porque non suben no autobús e van pa diante, van pa proa e non van pa atrás, van pa a popa, e séntanse a estribor ou a babor e van ao bar e non, non hai, non hai barra aquí no mostrador, sinón que atraca aquí que hai muelle.
Eu podo contar anécdotas que me pasou pero simpatiquísimas, cando tiña dez anos que foi a que máis me impactou era un (incomprensíbel) e o cura foille dar a extrema unción alí a un armador que estaba morrendo a unción de enfermo logo, e quedoume gravado aquelo que non entendín pero despois o cura (incomprensíbel) na igrexa que, que metáfora máis preciosa, aquel home a punto de morrer, un mariñeiro de toda a vida e na máis entrar o cura na habitación e eu de monaguillo (incomprensíbel) e dícelle: señor cura, métame (incomprensíbel), un home que quería noutro porto, métame (incomprensíbel), que metáfora máis preciosa e como eso podía contar outras non tan, tan tráxicas, acabo de dicir unha.
Por exemplo, o Madrid fichou unha vez a un xogador que se chama Savio, que o coñecen todos, eu estaba no bar escoitándolle á xente falando marabillas dese gran xogador brasileño, que era mui técnico e tal, pero sei que lle arreaban moita estopa, entonces eu estaba escoitando (incomprensíbel) a linguaxe mariñeira non? E despois de falar del marabillas e tal, eran do Madrid, e dice un: pero ese chaval non acaba a (incomprensíbel). Que siga, que siga navegando en terra. Non conto máis que senón...
E agradecerlles a súa atención.
Moitas gracias.