A máis simpática que me pasou foi un banco que está ao suroeste das Palmas. Ese banco queríamos ir a el. Pero desde Algeciras os andaluces que foron a el nunca deron con el, dicían que non existía. Entonces nas cartas náuticas a española na trae, a inghlesa si, trae ese banco. Ese está aproximadamante no 25 05 de latitú e 19 20 de longitú. Fumos alí, demos atopado. Calma chicha. Non tiñamos, non tiñamos esto....aparatos de naveghación ningunha, solamente cun sestante non había outra cousa, (tomar as alturas) do sol e das estrellas de noite. Cheghamos a el, cheghamos ó sitio á situación e non estaba, dios temos que estar cerca. Bueno, o barco que viña comigho, que era un (incomprensíbel) pero era da (incomprensíbel) pa norte ou pa sur. Nada. (incomprensíbel) aora tocounos pa oeste ou pa leste hasta que o encontramos. Pero os andaluces foran varias veces a el e non deron nunca con el, que ese banco que non existía, e díxenlles eu: como non vai existir ho, se o trae a carta ten que existir ho. Vosoutros solamente conocedes os bancos de Bilbao ou o banco de Santander.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro