Vouvos contar o conto da Limia. Encontrouse cun de Pontevedra i eran mui amighos, encontráronse aí que estuveron xuntos no servicio, bueno...e quedáronse así vendo de vez en cuando, entón veu eiquí, eí a Xinzo, foi e levouno á bodegha. Porque é que nós somos así moi esplendidos eh! ....Dou de comer un xamón, cortou un xamón, tiña alí un viniño moi fresco, era así no vrao e díxolle o de, o de alá, dixo/díxolle este meu, dixo...come que está...me cá, que bo está. Bueno, pasou todo contento, foi o da Limia, e tiña así algho de podre e regaloulle un xamón.
Bueno, como foi todo contento, chegou onda a muller todo contento e dícelle: oe, mira pra aí, este si que é amigo. E ahora que nós que lle imos reghalar? E dícille ela toda...Nada home nada, unha caixa de cighalas! Pois tes razón ho, bueno...Foi e tróuxolle a caixa de cighalas no mes de abril, no mes de abril, máis ou menos, e entonces o outro, así que se viron dice: que, que tal? Me cá, mira traighoche aquí un....un reghalo eh! Non vaias a pensar que é pra che pagha-lo xamón, non eh! Non, non queremos ... O home tróuxolle unha caixa de cighalas...aí...preciosas.
Bueno, o home todo contento, oh! Díxolle á muller: que suerte temos! Bueno...Cuando alá, más cerca de dous ou tres meses volvéronse ver e díxolle: ala, que, que tal?Que, foron boas eh? Dice: me cago na...Oes, raíces traían ben moitas, pero plantar non plantou ninghunha.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro