Aquí andábaseche moi mal de cartos, entonces un veu asi, e veu un que lle chamaban Comenencia e entonces veu casarse con ela, non era moi guapa pero valeulle. E a sogra non podía ver pero el... Con que a sogra enfermou e el colleu os bois e foi arar á curtiña debaixo da ventana. Entonces iba arando, chegaba alí e cando chegaba debaixo da ventana deixaran unha pícara con ela. E que tal? Está morrendo! Anda boi pa diante! Entonces volvía outra vez e así. Pero veu casi ao anoitecer e díxolle, chegou debaixo da ventana e díxolle: e que ho, que tal? Está morrendo pero quere o candil. Si quere morrer con luz que espire o día! Anda boi pa diante!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro