Alma branca, calma chicha
e na brisa, unha ondiña
que desangra gota a gota
a melodía
do azul, do verde, do malva
Está a amencer na mariña.
Hei, Capitán, que rumbo hei seguir agora?
Ponlle sempre rumbo á aurora,
que alí teño que ir buscar
azul pra pintar o mar.
De azul ceo?
Non, de azul mar.
Engaiolado no tempo
non podo fuxir agora
o tic tac do meu reloxo
detívose nunha onda.
que o bañou todo de sal
que o empapou todo de aurora
por eso Paloma, branca do Carme,
xa ora.
Vento do sul aumentando
chorando lágrimas brancas
hoxe o mar está chorando
o vento racha as (incomprensíbel)
as ondas lle está mandando.
Vento do sul aumentando
o mar deixou de chorar
as ondas están cantando
Ondas do mar levo en min
eu recordo dun arrolo
cando o mar me fixo colo
e unha nana lle aprendín.
Chas, chas, chas
Era o tema
Rum, rum, rum
foi o arrolo
chas, chas, chas
de ondas coro.
Rum, rum, rum
de ondas penas.
Heite bicar onda a mar
heite bicar nunha onda
Heite de abrazar coa aurora
heite de amar co areal
Despois habemos casar
na ermida dunha gran cova
que abriu nunha rocha o mar
ti serás, serea, noiva
Madriña será unha xoia
e padriño un calamar
e o capelán, un bispo de moita sona
da barracota (incomprensíbel)
A praia escapa do mar
as luces nacen na area
empapada de azul ceo
en cada po unha estrela
Rosmando no seu retiro
navegando nunha onda
dende o mar sentiuse un tiro
e a lúa mollouse toda.
Que verdes naceron hoxe
os prados que hai mariña
Os prados que hai na mariña
pintounos o arco da vella.
Que viaxou nunha brisa
e foi botando pinceis
dende o horizonte á tardiña
nas ondas, no ceo, no arbor.
O resultado está á vista
que verdes naceron hoxe
os prados que hai na mariña
que brancas mans as que reman
que brancas mans remadoras
lavadiñas de augas brancas
(incomprensíbel) de aurora.
Que brancas mans as que reman
que brancas mans remadoras
Mariñeira ti has de ser (incomprensíbel)
(incomprensíbel)
dime que si mariñeira
dime que si, que ti será-la redeira
que me cosa as miñas penas
Dime que si mariñeira, dime, dime que si.
E que pra rematar teño un aquí que é o que máis me gusta:
Nos teus dous ollos descubrín o mar
namoreime, namoreime de ti perdidamente
nos dous mares dos teus ollos naufragueime
e pedín ondas de sal amargamente.
Hoxe vin no mar os teus ollos verdes
namoreime, namoreime do mar, perdidamente
Moitas grazas
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro