Había moito tempo que había un señor cura nunha parroquia, xa había moito tempo que vivía alí, xa iba velliño e íbanse confesar as mulleres todas a, cando, cando viña a confesión íbanse confesar e, claro, algunhas tiñan un pecado grande, que andaban con outros homes que non eran os delas. E entonces cando lle decínalle, decíanlle ao cura:
- Señor cura, teño un pecado que me dá moita verghuenza dicirllo.
- Ai, Jesús e porque neniña?
- Pois, como llo hei dicir, eu anduven con outro home.
E el díxolle:
- Ai, neniña, cando teñas eses pecado tan grande dime "tuven un resbalón" e agora xa sei que pecado é. E quedas confesada
Bueno, un día veu un curiña novo, aquel morreu que iba moi vello e veu un novo e entonces as mulleres seguíronse confesando e tamén lle dicían igual, que tuveran un resbalón cando tiñan un pecado deses, pero o cura non sabía que era e dixo pero como resbalarán tanto as mulleres? Teño que llo dicir ao señor alcalde, a ver porque resbalan tanto as mulleres, deben estar as aceras mal arregladas. E foi xunto do, foi ao untamento e estaba alí o alcalde e toda a corporación e díxolle el:
- Señor Alcalde, ten que arregla-las aceras que as mulleres teñen moitos resbalós!
E o alcalde deuse en rir, deuse en rir porque dixo el : que vá!
E díxolle o cura:
-Ai usté rí? Pois ríase, ríase que a súa muller é a que máis resbalós ten!
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro