Unha vez era unha, iba unha gitana pidir e bateu con unha rapaciña e pediulle limosna e non lla deu e díxolle: pois heite pedir unha (incomprensíbel). Ah, oh! Que ha pedir, iso non vale, non é nada. Dixo: pois heiche pedir unha (incomprensíbel) que che naza unha escoba no medio das pernas. Claro, foron pasando, bueno dixo: non é verdá. Pero foron pasando os anos e a rapaciña veu que lle nacía a escoba. E dixo: e como hei facer agora? Ai, Dios mío, e colleume a petición da gitana, agora náceme a escoba. Pois teño que ir cabo do señor cura que ma (incomprensíbel) a ver se me (incomprensíbel), se me pasa. E entón foi un día confesar e foi e díxolle os seus pecados e díxolle:
- Mire, teño un problema moi grande.
- E logho que tes?
- Veu unha gitana pedir e pideume limosna e eu non lla dei e pideume unha petición que me nacera unha escoba entre las pernas e agora estame nacendo.
- Uy, iso non é nada, iso témolo todos!
- Como o habemos ter todos! Que eu non teño!
- Ai, si pero agora telo; ai, pero eu tamén o teño muller.
- Tamén, e teno usté?
- Teño.
- Ai, se mo ensinara
E o cura ensinoullo e dixo:
- Ai, señor cura! E o teu / o seu xa ten rabo e todo.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro