Un vello un pouco apañado
de fertuna regular
vivía nun bo lugar
preto dun fillo casado
Fora o fillo o seu estudiante
pillo, perdíase de vista
e andivo algún tempo á pista
dos cartos pa botar o guante
I atopou no furadiño
metidos algún en prata
E cando se desprocata o vello
quedou sin diñeiro
Maldición que alí o pillara
e el que era un paisano cuco
díxolle ao fillo: Farruco
no que vou parlar repara:
co meu pequeno tesouro
que para vosoutros ha ser
eu non sei como hei facer
xuntando prata con ouro
Botarase algo a perder?
Non señor, é ben sabido
que mesturando ouro e prata
están como leite e nata.
Non hei dar teu consello olvido
O fillo por ambicioso
volveu a prata ao furado
co tesouro recobrado
dixo o vello malicioso
Aunque unha vez me colleron
non han volver, xuro a unha cruz
a can vello non hai (incomprensíbel)
miñas artes me valeron
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro