Porque aquí houbo unha moi parecida, ou igual peor que foi no ano 1918, no ano 1918, eu daquela non estaba, claro está, pero ela acordábase perfectamente. Entón queríame facer unha comparación e así a fixo, así a fixo, de como hoxe cunha simple inyección e a tecnoloxía que hai se salva moitísimas vidas e daquela como se tiñan que amañar. Entón ela me dicía que os remedios cando a gripe daba unha fiebre moi alta que pereceran muchísimas persoas en toda a comarca por acá, muchísimas, pois daba unha fiebre mui alta, unhos dolores enormes de cabeza, unhas inchazós que ás veces a fiebre provocaba, esas inchazós incluso, incluso nalgús casos poderían llagarse.
Pois é curioso como dalgunha maneira iba dicindo as / o que utilizaban eles. Claro, era todo mediciña natural, porque lle dixen eu: claro, daquela médico non había, e dixo: médico...daquela nin había nin curandeiros. Entonces, claro, me dicía que para a gripe dese ano facíanse unhas infusións coma hoxe se fan e moita xente quizá das que esteñan aí pois inda se acordan non? Unhas infusións como hoxe se fan de manzanilla, de romero ou de eucalipto. E bebíase esa auga e mais poñíase moito vinagre na cabeza e cando a fiebre era moi alta dúas patacas aquí na sien cun pouco de sal e apretábanas aí.
Había que ter moito coidado co das patacas porque coa fiebre, como era tan alta empezaba a derreter o sal, o sal empezaba a caer por aquí abaixo. Entón dicía Manuela: había que ter moito coidado porque se a pataca perdía o sal había que quitala porque era moi mala pa a vista. Ese era un dos remedios que había.
Se aparecían as llagas, as llagas, pois íbase por unha herba que se chamaba cabrifollo. Alguien sabe o que é o cabrifollo? Si, ah, aquí don Manuel sabe o que é o cabrifollo. Alí Pedro, que estaba comigo na conversa sabe perfectamente cal é tamén, que sube parece ser polos carballos, polos carballos pero non é esa hedra que se enrosca nos carballos, é outra que sale ao pe das, desa hedra. Pois ese cabrifollo cocíase e con eso lavábanse as feridas, esas llagas cando enllagaban.
Pero esa inchazón, si era solamente inchazón non se lle podía tocar ao cabrifollo, sinón que se lle botaba outra planta que se daba á beira das casas moitas veces, ahora eu non sei se se dá e se se dá non a conozo que se chamaba o baloco, e o baloco cocíanse as follas con leite pero esas follas poñíanse encima do inchazón. Despois o curioso de todo esto é que me decía que o que hoxe chamamos normalmente, vulgarmente auga oxixenada, daquela tamén a había, daquela tamén a había e se facía con xantén, unha planta que se chama xantén ou xantán. E eso había que secalo, secala moi secas e despois fervelas e así, pois, utilizábase comunmente, pois bueno, nas casas non?
E para terminar xa e pa deixar xa pe a outros contos e a outras historias anque esto tamén ten a súa parte de lenda, fíxome moita gracia unha cousa, porque díxome... José Manuel, ti na túa casa tuvestes cochos? E dixen: home, si, había cochos e tal. E tuvestes cochas, cochas da ceba pa (incomprensíbel). Si algunha houbo e tal e cual. E nunca vos pasou que, que a cocha cando paría despois non podía mexar? Ai, a tanto non chego Manuela, a tanto non chego, a tanto non, nin lle miraba, nin me preocupaba. Pero claro, entonces díxome ela: pois mira eso erache moi común. Había veces que despois de parir pois non daban mexado. Entonces había moitas casas que se gardaba o pelo do maínzo, e secábase e cocíase.
Pero eu eso xa llo teño oído aquí a miña avoa e tal pero díxome: pero cando o pelo do maínzo se cocía...ben, pero cando non o había o que si me causou unha impresión terrible foi que mandaban os cativos buscar un formigueiro con formigas desas grandes, roxas, e traíanse as formigas e cocíanse en auga fervendo. E esas formigas, claro, ao cocer na auga quente calquera non as suelta, soltaba o ácido e soltaba todo o que estaba por ver, calquera non o suelta. E ese ácido, que era o de cando a formiga pica e fai o inchazón, con esa auga dábaselle á cocha e parece ser que automaticamente aos dous ou tres días a cocha mexaba, así que xa sabedes, se vos pasa algo desto.
Autor/a da transcrición: Estefanía Mosquera Castro