O Entroido sempre foi mui machista, eso hai que reconocelo, siempre foi moito dos machista. I aiquí era, xa nos últimos anos de,e,e bueno os rapaces vestirse e tal, un que outro, porque o pai lle facía o cinto e,e,e e se vestía il e levaba o rapaz, pero os domingos aiquí. Pero despois cando se tocaba de ir de juerga, que ao millor marchabas un jueves pola noite, volvías o sábado ou volvías o domingo, eí os rapaces non salían; entonces nós cando empezamos, dixen: “Mira, salir si queredes salir, sala/ saliremos donde queirades, pero hai que adatar horarios porque donde vaia eu, vai ir o meu fillo; os pequenos teñen que andar donde anden os grandes, e teñen que ser esatamente igual que os grandes”.
E costounos anos. Inda hoxe en día hai algún que cando ve os rapaces ou ve algunha muller vestida inda...
Nós empezamos fa/ nós empezamos facendo, ahora xa se visten, pero antes empezamos facendo os martes do Entroido era dos rapaces e das mulleres, entonces ese día o que nós eramos os veteranos e todo eso, eramos os empleaos, eramos os que faguiamos todo, entonces os amos do Entroido eran os nenos i as mulleres, i era cando se vestían e deso. E,e,e inda houbo problemas así,í, í porque inda había algún que decía:
—E,e,e poñerlle as campanillas! Eu non vou deixar as campanillas pa que as poña unha muller que non as sabe tocar, e que non sei.
—Si non as saben, xa aprenderán.
Hoxe en día xa non lles xa non lles estraña, siempre hai algún vello que,e,e que retorce o fuciño e lle dá deso, pero,o,o ahora hai mulleres, i hai mulleres que tocan as campanillas de carallo, porque está a miña sobriña, está a filla do Pimpán, bueno, as fillas, as dúas, hai que darlles de comer aparte tocando as campanillas tamén, eh! Que non se achican.
Autor/a da transcrición: e~xenio