Ai, eso,o,o foiche a época complicada. Ao principio, bueno como foi todo na época da deso. Entre,e,e a Guardia Civil, o alcalde i o cura, buenas tardes.
I aiquí ao principio houbera un que non deixaba telo por nada. Despois aquil pouco tempo durou, cambiárono, veu outro. E entonces estaba na,a,a na retoral abaixo en Belesar, que era donde donde,e,e donde tiña il a casa e todo eso, viña dar aiquí a misa, e chamáballe don José. Entonces aquil cando lle ibas a pedir permiso, decíache: “Douvos o permiso cunha condición, non oficios nada de iglesias nin de casamentos”. I era o primeiro que se facía, pero sempre lle decías que non. Pero, a condición previa é que había que ir i había que cavarlle a,a,a a viña que que pertenecía á retoral, os que organizaban o Entroido había que ir a cavarlla toda pa que dera o permiso. E despois decíache: “Se vai a Guardia Civil ou pasa pasou algo, antes de ir a ningún lao, vídeme a buscar". Entonces: “Si, don José, o que usté diga”. Despois faciamos o que nos daba a real gana, pero polo menos tiñas o permiso dil porque sin ter o permiso dil, olvídate, que en canto arrancaras pola mañá xa tiñas a parexa da Guardia Civil a cabalo aiquí.
Autor/a da transcrición: e~xenio