A composición das campanillas e,e,e teoricamente, é como unha escala musical e,e,e cada campanilla ten un sonido particular, hai machos i hai femias, pero cada cada campanilla ten o seu sonido particular, ningunha sona esatamente igual cá outra. E,e,e e démonos cuenta da escala musical porque o director da banda de gaitas d’aiquí de Chantada e,e,e tiña ganas de ver como se montaba o cinto, entonces, un ano veu unha noite cando cando o montamos, e cando empezou a ver como se colocaban as campanillas, il empezou a escribir no papel e dixo: “É esatamente unha escala musical pura. Do medio hacia fóra, é unha serie musical”.
Conózoas todas, solo con velas sei de quen son, e,e,e e despois colócoas por eso polas tonalidades que teñen e, sobre todo, buscar as parexas que se podan compenetrar mui ben entre elas, porque hai machos i hai femias, pero hai veces que o macho é tan potente, e que pa facerlle de parexa hai que meterlle outro macho ao lao pa que pa que o acompase, se non, ise sonido desa campanilla cómeo.
Niste caso tamén temos algunha que pesa máis cás outras, e,e,e entonces tamén é un pouquiño de ciencia á hora de sujetalas e,e,e que bueno, que non as podes apretar nin colocar de calquer xeito, teñen que levar unha holgura, cada unha a súa pa que no momento que empeces a tocar o ise cinto de campanillas, as campanillas acompasen e golpeen todos ao mesmo tempo. E niste caso, por ejemplo, a que pesa máis cás outras tela que amarrar máis pa que vaia ao mismo rimo das outras, si non, iría tola. Niste caso vouvos vouvos enseñar unha unha femia pa que vexades o o sonido, i aiquí, un macho.
Entonces o que,e,e o que intentamos facer é,é,é acompasar e,e,e normalmente, macho con femia, arrancando do medio hacia fóra.
Entonces e,e,e hoxe en día, quizás polo polo estropicio que se chegaron a facer cas campanillas, hai mui poucos machos, entonces hai hai femias que nós chamámoslle femias amachadas, entonces utilizámolas de de machos, pero machos, hoxe en día, mismo aiquí no cinto grande, pois pode haber nove machos ou dez, non non se consiguen máis.
Aiquí siempre se amarraron con con puntas, as puntas é,é,é é mui sencillo. As puntas que se utilizan pa,a,a pa enganchar as campanillas son as campanillas, unhas unhas cintas unhas puntas dobladas, antiguamente, eran os clavos que facían os ferreiros, xa llas facían específicas pa pa colocar nas campanillas ao doblalas. Entonces e,e,e nós o que facemos, niste caso eu, cunha campanilla, collo unha punta, e vou a coller a peor que había, niste caso a punta normal, métoa na asa da campanilla, dóbloa por un lao, ca tenaza acabalo de doblala, vólvoa coller e métoa na asa, i aiquí tería o que é a punta pa doblar. A punta, se rompe, rompe antes de que a dobles, no momento en que (a) estés doblando, no momento que esté doblada, esta punta é irrompible. Entonces é unha maneira de,e,e de sujetar as as campanillas que que temos nós.
Niste caso, siempre hai que poñerlle un paño, ou algo debaixo, porque as campanillas son mui delicadas aos cambios bruscos de temperatura, aunque,e,e e,e,e estés tocando dúas ou tres horas con elas, a las toques, a las notes frías, elas es/ teñen unha temperatura. I os cambios de temperatura bruscos, sobre todo, mármoles e metales, os cambios bruscos de temperatura como si colleras unha radial e la cortaras, rompen, pero unha animalada. Entonces siempre hai que intentar protegelas.
A campanilla, rompeu? Ten que seguir tocando, se tes de repuesto, quitas esa, pos outra, pero se non tes de repuesto, quítaslle badal, a campanilla está aí ocu/ cubrindo o lugar, pero non non a castigas, non a castigas máis do que está. Entonces pois, niso hai que ter moito moito tacto. Sobre todo as campanillas e,e,e cada día que as pos, é,é,é revisalas antes de poñelas e, cando se acabou á noite, hai que volver a revisalas. E polo día se notas algo raro, pois, comprobar e,e,e e intentar que non que non rompan máis, porque despois levas a soldalas, hoxe en día, soldar é un é un desto porque casi non consigues quen as solde, porque hai que soldar con metal, i hai que saber moi ben pa soldar este tipo de campanillas.
Antes, cando eu era,a,a noviño, con catorce, quince, dezaseis anos, había un ferreiro en Chantada, i ese era un artista. Ten habido casos de quitarlla aiquí a un que,e,e non unha delas non a deixaba nin pa Dios, e quitarlla pa poñer no cinto a escondidas que non se enterara, con tan mala suerte que ise mismo día poñelas, e romper. Entonces houbo que levarlla, oíche, mira que pasa esto, ten que. Oe, fomos a recoller a campanilla, non se sabía por onde se soldara, i enterouse o home ao cabo dun feixe de anos, eh! que se lle quitara á vaca, e rompera e se lle volvera a colocar á vaca, e non se deu cuenta que se rompera. Tamén daquela, se se entera de que lle rompera a campanilla, mátanos.
Antes destas había outras que eran máis acampanadas, eran máis más abocanadas e más cortas, más tipo campana iglesia. Despois empezaron a entrar sobre todo de contrabando, de Portugal metían o que era o tema de de café e deso de contrabando, que andaban os contrabandistas pola noite, e entonces o que facían, normalmente, era,a,a pos pedirlle, facerlle encargos. Entonces empezaron a entrar estas campanillas que tiñan mui bon sonido. Entonces, sobre todo nesta zona, siempre se moveron moito as xugadas de de tiro pa sacar madeira, pa arar, pa todo desto. Entonces o que tiña unha xugada boa tamén lle gustaba ter unhas campanillas i unhos unhos correos pa esas campanillas que que luciran, e foi donde se adotaron, pero, estas o,o,o o deso que temos é que,e,e foron ferreiros artesanos os que se dedicaron a facelas, por eso non sonan igual todas. Supoño que a forma dependería da forma, do calor que tuvera ise forno nise momento, entonces as campanillas non salen igual.
Despois empezáronse a fabricar unha había fábrica asturiana, outra fábrica en Zamora, pero esas fábricas desapareceron e,e,e lévanse moitísimos anos que non se fabrican e,e,e i é i é complicao,o,o encontralas. Ahora, pos, vas encontrando a base de,e,e de,e,e mirar en Internet e de deso polo estilo. Eu teño un conocido en Estremadura, e de vez en cando, dedícase ao ganao, entonces cando de vez en cando pois compra pois, ou rebaños portugueses, ou deso polo estilo, entonces cando se fai cunha campanilla, o primeiro que fai, chamar, mandar un vídeo, entonces compra por Internet. E se non, a base de rastros e,e,e e de patear moitísimos quilómetros durante o ano, zonas que nunca fuches pois ir de de cotilla, de curioso, irte a dando a conocer e intentar mirar se se consigues algo, pero esto xa leva moitísimos anos que non se fabrica. É a desventaxa que temos con outros entroidos, que os outros entroidos a maioría diles teñen a a deso de facer o material, praticamente todos os anos o material que queira. Sin embargo, nós aiquí, non. É como como comentabamos antes, a base de,e,e de moitos quilómetros, viaxar moito e pedir en moitos sitios, e entonces conseguir, pero calidá calidá, hoxe en día, consíguese mui pouca. Pero, hai que moverse.
O valor sentimental é mui grande. Eu teño algunha que,e,e non a vendo por tres mil euros. E,e,e é o,o,o o que comentabamos antes, cada unha tenlle tenlle o aprecio, aiquí chegáronlle a ofrecer a un veciño mil oitocentos euros por tres, e dixo que ni hablar, nin por mil oitocentos cada unha, que non as vendía i non as vendía. E sin embargo, pois aí están aparcadas, e solo salen po,o,o pa o Entroido. Pero utilízalas no Entroido e teslla que,e,e que volver. E como eso pasa moitas veces na montaña. Por ejemplo, ten un paisano dúas ou tres, e lévallas atadas, que eu teño a costumbre siempre de atalas según o deso, pois, entonces é mui fácil, cando as devolves, número tal, pa aiquí, xa as levas todas todas separadas, lévalas atadas cun cordón, dásllas, cando as volves a buscar ao ano siguiente, están colgadas dunha viga pois tal como llas deixaches. Pero, sin embargo, intentas compralas, e dinche que que ni hablar, que el non vende. E sin embargo non, pero gústalle telas na casa. É un recuerdo familiar e,e,e e teñen as súas historias, e non se desfán delas.
Aiquí e,e,en en Santiago de Arriba sempre che houbo a costumbre, por eso lle chaman o cinto grande, aí sempre foron as millores campanillas, según noutras parroquias ti dáslle vinte campanillas boas i o resto pa montar tres cintos, i esas vinte van repartidas de calquer xeito polo cinto. Aiquí, non. Aiquí, primeiro as boas pa aiquí, i as que sobran pa o resto. I aiquí, sobre todo a xente maior, e que tuvo campanillas e todo eso, aparte de conocelas, conoce o sonido e conoce como as tocan os volantes. Entonces cando é na época do Entroido, te perdes un pouquiño p’atrás e te colocas cerca do grupo da xente vella, oiralos pos os comentarios, pos se se toca ben, que se non se toca, que o ano pasado tocaba millor o cinto cá iste ano, sempre oyes e,e,e historias polo estilo. Pero aiquí siempre foi eso, i a xente conoce,e,e e valora, por eso,o,o quizás, sexa a parroquia que máis campanillas ten porque aiquí tamén había un caso curioso, que aiquí donde máis campanillas había era a casa dos Patacos, i a casa dos Patacos tiña más campanillas porque aparte de ter xugadas pa pa traballar pa fóra, pa andar na madeira e todo eso, dedicábase moito ao trato de compra e venta, entonces e,e,e conocía mui ben as campanillas, e nas feiras pois se non compraban a vaca ca campanilla pois intentaban comprar a campanilla sin a vaca, pero,o,o íbanse facendo cas boas entonces pois que a el lle gustaba cando as xugadas iban en tiro que que as campanillas que sonaran, lucían as vacas e lucían as campanillas.
Na época franquista xa as había, pois estamos falando de ao millor campanillas que teñen pos ochenta, noventa ou cen anos atrás aprosimadamente, é de donde donde veñen. Tamén hai moitísimas que quizás teñan máis anos ou deso, pero están tan desfeitas e tan deso, que non nin dan o sonido, e,e,e e nós chamámoslle campanillas podridas porque,e,e aparte de que non dan o sonido, si as metes no cinto, automaticamente rebentan. Xa están mui pasadas, mui gastadas, levaron as súas trallas, entonces xa non se poden colocar nos cintos, pero ter teñen moitísimos anos.
Eu teño unha de,e,e Montederramos, do,o,o do Alto do Rodicio, esa andaba o Rodea, o pai do Pimpán, levaba nove anos detrás dela, entonces siempre contaba: “Sei dunha campanilla, faille de,e,e de macho ao meu macho”. —Pero iste home—. Porque mira que o macho dil é bon. Como carajo! —Que si. —Bueno, vale, vale, o que ti digas. I ao cabo dunhos anos, dixo: “Rompeu, i así é todo roto, inda toca máis có meu”. Bueno carallo, bueno, esto xa! Entonces por medio dun tratante, que eu traballa na estación de desinfeción nos camións de ganao en Chantada, veu unha vez un un tratante. Entonces tiña a costumbre siempre, viña a todas as feiras. —Oe, mira, pola túa zona non haberá desto? E dixo: “Si, ho. Téñoche un veciño que che ten unha”. —Pero coma esta?. Dixo: “Si”. Dixo: “Inda máis, lévache unhos anos un home desta zona, que está en Orense, leva moitos anos detrás dela”. E dixen eu: “Carajo! A do Rodea”. E dixo: “Bueno, cando podería ir alá?”. Dixo: “Vente un sábado que estou eu por alí, dígoche da casa”. Dixo: “Pero éche mui terco. Eh!”. E dito e feito. Cheguei alí, e dixo: “Teño”. Abriu a porta, entonces tiña unha corte, entonces tíñaa colgada dunha viga dunha punta, e dixo: “Aí a tes. Costa tanto”. E dixe: “A campanilla é cara. Podo,o,o tocala?”. —Si, ho! —Baixouma—. —E logo non lle podes quitar nada? Mira os quilómetros que fixen pa vir aiquí, e encima ter que comer no camiño e tal. E dixo: “Ah no! Comer e beber invítote eu donde queiras e como queiras, pero a campanilla ten ise precio, e dise precio non se baixa”. I a campanilla non me daba o sonido, e dixen: Me cagho en Dios, pagar o que non vale a campanilla e encima! Dixe: “Bueno o quilometraje que levo feito, ahora volver sin nada”.
Bueno, ao final, compreilla.Tróuxena, non me daba o sonido. Intentei cambiala,a,a cambiala unha por outra, non ma cambiaron, e foi a gran suerte que non ma cambiaran. Tiña aiquí unhas cabras por estas fincas por aquí pa riba, e tiña un castrón, i púxenlle ao castrón. I aí andaba, teñen a finca larguísima e entonces cando lles botaba pienso ou deso, chamábaos, entonces baixaban por aí abaixo, aquelo era unha escandalera como sonaban as campanillas por aí abaixo. I unha das veces baixaba, dixo, que mal sona esa campanilla, la Virgen! Entonces collina e mireira. Que pasa? Cando lle rompera, soldárona, pero en vez de soldar, pegou, e entonces o que era, era un pegote. O castrón, a meterlle a soba que lle meteu á campanilla, fíxolle saltar o pegote. Oe, pois levámola e soldámola, pois mira que lle tuven que facer dous buratos pa que lle escape o sonido, que era a que decía eu que había que amarrar fuerte, e cos dous buratos e todo, i é a millor campanilla que hai de largo de todas.
Ter teñen, plata, bronce, cobre, estaño, teñen unha serie de composiciós que non se sabe esatamente. Quizás a única maneira de sabelo, é facerlle a prueba do carbono 14 pa saber esatamente a composición que ten, pero,o,o a ver quen é o chulo que lle fai a proba. Nós intentamos facela e contatamos cunha,a,a con unha fundición de Asturias, e dixo que si, que as que as facía. Dixo: “Mira, tráesme unha campanilla que esté sin soldar, e tráioa e fúndoa, i a raíz desa fágoche as que queiras”. (Dixo:) “Que ma fundes? Olvídate. Pero vamos a ver, si a fundes, hai materiales que leva que son volátiles, se van a evaporar na fundición. E despois que, como me quitas a campanilla? Nin teño nin a boa nin teño outra”.
Despois miraramos pa facer a proba do carbono 14 deso, e tamén comprometíanse, seis mil euros costaba a prueba, i a primeira campanilla tres mil. Entonces xa ves tu a broma, nove mil euros e pa que che salga rana. E aparte de donde quitas nove mil euros pa,a,a que é o que che costa o Entroido. E invertir nunha,a,a nunha deso, inda houbo un deso con unha que ten o Rodea, levouna a Laza porque había un ferreiro en Laza que as que as facía, inda me parece que hai hoxe hoxe en día que inda as fai, que é o fillo do ferreiro vello que había, e fáillelas pa,a,a pa,a,a Viana do Bolo, pa,a,a pa Vilariño, pa todo ise tipo de campanillas por aí, ise ise home fainas, e entonces localizouno e levou unha dil, e fíxolle unha, unha réplica. A simple vista, a campanilla, esata, medida, tonalidá e todo. Tocábala, arrancaba de marabilla, pero era arrancar despois non había maneira de,e,e de facer nada con ela. Un ano déuseme por mirala moito a contraluz e todo eso, e tiña moitos poros.
Por eso que,e,e que é complicado hoxe en día. Aiquí despois do,o,o ferreiro ise, había o da o da Pontenova, que tamén o vello tamén soldaba, e soldaba coma antes e,e,e e ao principio soldaba mui ben, despois o home xa non vía mui ben, e tamén soldaba daquela maneira.
Ahora bueno, conseguimos outro que solda daquela maneira pero bueno cando lle dá por soldar, solda ben, pero tamén hai que pillalo con ganas e tempo e,e,e pero bueno, é o que temos hasta ahora, chegará algún día que non que non haberá nin que as solde.


