A,a,a a base do volante é a,a,a a superación, intentar superarte por encima de todo. E,e,e iste Entroido é totalmente diferente aos aos demais, aiquí non hai entrenamento que valga. Aiquí si entrenas, xa en principio cas campanillas xa non hai maneira de entrenar porque xa non as tes pa entrenar, pero se te dedicache a facer footing e,e,e gimnasio e todo deso pa chegar o día do Entroido e vestirse, o que che vai pasar é que non te vas a vestir. Aiquí é unha forza de voluntá e superación.
O volante non ten preparación previa, é chegar e,e,e ahora praticamente tamén elígense os volantes, pero antes praticamente hasta,a,a a mañá que se iban a vestir, non se sabía o volante que se iba a vestir. En principio, na época da prohibición, por seguridá propia e da familia, pero depós aparte, o que estabamos falando, se te querías preparar e deso, eso quería decir que non te ibas a vestir.
Entonces e,e,e no momento que os pos é,é,é afán de superación sobre todo. Cando non podes máis e ves ao do lao que tiras, pois, eu teño que tirar un pouquiño máis e teño que darlle un pouquiño máis, e,e,e e entonces é unha unha forza de voluntá sobre todo, e de intentar superarte, chegar ao teu límite e intentar facer algo máis.
Depós tamén ten un un un toque, digamos que o volante veterano sabe e,e,e cun mínimo esfuerzo como tocar as capanillas, o camiño non hai quen cho quite porque hai hai que saltar i hai que moverse,e,e e o tempo que che que che corresponda, pero si que na maneira de tocar as campanillas, de saltar, ou fas moito máis esfuerzo ou fas un mínimo. Entonces niste caso os os volantes o que intentan é un paso bruto, unha caída de de golpe de de pé, é cuestión cando caes, como deixar caer todo o peso do corpo. Entonces lévalo outro outro rimo. Si intentas e,e,e facer un paso más rápido, ou unha perna más alta, ou deso, o que vas a conseguir é que vai chegar un momento que non des non des máis. I entonces hoxe en día non se mira tanto, pero antes un volante que se parara por non poder, era un a vergonza más grande que había. Entonces, pois, como o Lute, camina o revienta, pero había había que andar pa diante, non non quedaba outra. Se non dabas de cara, pois de cu, pero,o,o as campanillas tiñan que se mover, e tiñas que andar, non quedaba outra.
Si,i,i aparte siempre intentas e,e,e copiar aos veteranos pois a millor maneira que che pode encaixar a ti e,e,e como podes levar o peso. Antiguamente era mui sencillo pa pa a xente das aldeas porque o día que andaban cas campanillas era un día de festa, un día de,e,e de relás porque aiquí a xente era toda,a,a todo o que era o traballo,o,o ou ou carreta de esterco, e cestos ao lombo, ou ou feixes de toxos ao lombo,o,o ou plantación de cepas, encovar, ou cavar, porque era todo manual, entonces esa xente estaba mui bregada de traballo, entonces un domingo pois coller e poñer as campanillas e pegar unha carreira pois era era un pasatiempos pa eles. Hoxe en día xa é máis complicao, entonces pois, sobre todo,o,o o que tes mostrar o,o,o o que tes i o que sinifica, pero ao mismo tempo cuidarte porque o que máis e o que menos vive do seu traballo e,e,e demais, entonces non é plan de vir un domingo e,e,e e tirarte ao bestia, entonces pois que teñas pos unha lesión, unha rotura ou un esguince ou tal, entonces perdas perdas de traballar por por por andar no Entroido. Entonces eso tamén hai que hai que telo en conta.
E,e,e normalmente o que pasa é que aiquí temos unha costumbre e,e,e sobre todo que a xente nova e,e,e que leva poucos anos ou deso, normalmente o,o,o o volante veterano e,e,e pode, hai algús que queren que se lle acompasen as capanillas a el, i hai outros volantes e,e,e que prefiere acompasar il as campanillas. É cuestión de decirlle aos outros, empezade a tocar, empezan a tocar, entonces empezas ti i acóplaslle as túas ás dil. Pero si que é interesante que que vaian todos acoplaos.O que é mui importante nas campanillas e no volante é que non caiga con elas, é peligrosísimo unha unha caída dun volante cas campanillas porque en cuestión de caer o que son as asas e todo eso, automaticamente incrústanse pa dentro, entonces o que pode haber rotura de costillas e,e,e e lesiós serias. Entonces é un maneira de,e,e de ter muito cuidao, sobre todo, de non caer.
Unha parte importante do volante, que despois falaremos do do traxe do volante e demais, é a (caeada), a (caeada), aparte da autoproteción, porque aiquí na aldea, nesta e,e,e en casi todas pois suelen haber os cas sueltos, e,e,e os cas normalmente as campanillas non lles gustan moito, débelles molestar moito nos oídos entonces é unha maneira de proteger que non te vaian a trabar, que non te vaian a morder. I outra cousa, precisamente, cando andas polas leiras ou,u,u ou corredoiras que poden ser blandas ou,u,u ou resbaladizas, é unha terceira pata de apoio, é mui importante levala, que che sirva de apoio, que te evite,e,e unha caída, un resbalón i unha mala caída, entonces é unha maneira de de utilizala tanto como proteción como de como de apoio e seguridá pa,a,a pa o volante.
O pucho,o,o aparte de,e,e de que solo vai apoiao no ombros, porque levas o armazón encaixao na cabeza, pero vai apoiao non ombros, non vai sujeto con nada, entonces unha maneira de telo sujetao, de telo controlao é meterlle (as varillas á,á,á á caeada), e con ela pois sujetar e domar domar o pucho para que o podas mover como queiras.
Na época da prohibición o que miraban moito é que non se soupera nin nin quen se vestía nin donde se vestía nin nada polo estilo se non, traía consecuencias serias. Entonces nin a misma familia sabía quen era o que se vestía, e despós outra cousa mui fundamental, cambiar calzao, cambiar movimien/ a forma de andar, gestos, había que ter muito coidao en en cambiar todo eso pa que non te reconoceran.
É que seleccionaban moito polo tema da rivalidá entre as parroquias, o que interesaba eran unhos unhos volantes bos, e que,e,e e que as tocaran e demais. Eso non quere decir que un día pois de carallada ou un domingo pola mañá ou deso, pois un que as tocara daquela maneira llas llas deixaran pa,a,a pa que matara o gusanillo. Pero sobre todo á tarde, á hora de dar o callo no que era na aldea, eí os volantes tiñan que ir además a matar, eí tiñan que,e,e tiñan que dalo todo. Entonces escollías os máis altos, os que millor tocaran, o que millor movera o pucho, entonces siempre,e,e según o día tamén escollías o millor volante que que che interesara pa ese día tamén, pero era nun grupo reducido o que o que se decidía. Cada ano pois metíanse tres ou catro, entonces iles organizaban, preparaban e,e,e i eran os que os que movían o cotarro, mismo cos co tema dos (maraghatos).
Os volantes daquelas levaban os maragatos, eran iles os que escollían os maragatos seus, entonces levaban os maragatos que lles dera a gana, podía levar dous, podía levar catro, os que quixera, pero a manutención dises maragatos costeábaa iba a cargo do,o,o do volante, era o que lles tiña que,e,e que dar de comer e,e,e e de cenar e,e,e e facilitarlles o,o,o o traballo. Si no tiñan material, pois tíñallos que conseguir como fora, entonces tiña cada volante os seus.
Autor/a da transcrición: e~xenio