Iste, concretamente, é o cinto grande, é unha réplica do,o,o do que tiñamos vello aiquí, que ise aparte dos remendos e de todas as historias que pasou, bueno, pois estuvo arrestado no no cuartel. Había unha orden pa desfacer as campanillas xa que non podían na época da prohibición non podían cortar o Entroido, pos a única maneira de de acabar con il era desfacendo o material. Bueno, por medio d’amistá unha noite conseguiron ir quitar as campanillas boas, poñer outras ruís e,e,e e viñeron as boas p’aquí, desfixeron as ruís, i o cinto pois a parroquia tuvo que que pagar a multa correspondiente pa recuperalo, i houbo xente que hasta tuvo que vender hasta un marrau pa pa poñer a cuota pa pa recuperar o cinto. Despois de tantísimos anos e tanta tralla que levou, pois, a verdá é que xa non había por donde collelo e entonces e,e,e fixemos unha réplica dil.
O curioso deste é que é piel de marrau, cando matas un marrau grande pois aiquí hai a costumbre de queimalos, pero todo o que é o lombo do do porco niste caso, non se queima, entonces esa ese cacho de piel ao día siguiente recórtase, quítase e ráscase ben e,e,e cúrase en xábrego, en jabre, e despois bueno fánselle os buratos correspondientes pas campanillas e todo.
E,e,e caso curioso que a min siempre me chamou a atención por que sería a piel de marrau, e non unha piel de becerro, piel de cabalo que hoxe en día xa as hai moito deso, e a base de probar sobre todo co cinto dos rapaces, o que me dei conta foi mui sencillo, o que é a piel de marrau, ou de xabarín, que tamén temos algún de xabarín, o sonido das campanillas despídeo, escúpeo hacia fóra, sin embargo as pieles dos dos de becerro, de cabalo desto que xa están curtidas i en condicións o que fan absorben o sonido das campanillas. A campanilla sona, niste caso despídeche o sonido, e no outro o que oes, clof, clof, clof, cómelle moito sonido ás campanillas. Entonces pois é a,a,a a base que temos.
Concretamente, o cinto grande de Santiago de Arriba leva vintecinco campanillas, non me preguntes por que ou por que non, pero un caso curioso porque é o único cinto de todas as parroquias e todo eso que ten vintecinco campanillas. Nas outras parroquias o que máis ten, ten vintecatro. Pero niste o,o,o o cinto grande siempre tuvo vintecinco campanillas.
Entonces a composición das campanillas e,e,e teoricamente, é como unha escala musical e,e,e cada campanilla ten un sonido particular, hai machos i hai femias, pero cada cada campanilla ten o seu sonido particular, ningunha sona esatamente igual cá outra. Niste caso tamén temos algunha que pesa máis cás outras, e,e,e entonces tamén é un pouquiño de ciencia á hora de sujetalas e,e,e que bueno, que non as podes apretar nin colocalas de calquer xeito, teñen que levar unha holgura,a,a cada unha a súa pa que no momento que empeces a tocar o ise cinto de campanillas, as campanillas acompasen e golpeen todos ao mismo tempo. E niste caso, por ejemplo, a que pesa máis cás outras tela que amarrar máis pa que vaia ao mismo rimo das outras se non, iría tola, iría a tanta velocidá co peso que iría totalmente, oirías clin clon, clin clon, clin clon, e entonces hai hai que sujetala ben, outras hai que afloxalas un pouquiño pa que den máis o a tonalidá, i esa basicamento o que son as campanillas. Niste caso vouvos vouvos enseñar unha unha femia pa que vexades o o sonido, i aiquí, un macho.
Entonces o que,e,e o que intentamos facer é,é,é acompasar e,e,e normalmente, macho con femia, arrancando do medio hacia fóra, entonces e,e,e hoxe en día quizás polo polo polo estropicio que se chegaron a facer cas campanillas, hai mui poucos machos, entonces hai hai femias que nós chamámoslle femias amachadas, entonces utilizámolas de,e,e de machos, pero machos hoxe en día, mismo aiquí no cinto grande pois pode haber nove machos ou dez, non non se consiguen máis, é imposible. Entonces, pois, intentamos dentro da tonalidá, que teñan unha boa tonalidá, intentar e,e,e ilas acompasando pa que todas den ise ise sonido correspondiente.
Entonces como vedes a,a,a a composición, prepáranse unhos unhos tacos, nós chamámoslle tacos, entonces sería un cacho de de coiro ou deso, fáiselle a forma da asa, colócaselle aí, cada unha xa vedes que ten determinadas cantidá de,e,e de tacos, eso é según necesiten pa pa que queden holgadas e,e,e e podan tocar, e no momento que lle tes eso, axústaslle a punta, acábala doblando por o por o sitio que ten aberto, acábala doblando de todo, entonces no momento que esté doblada, esta punta no rompe nunca, pode estar tocando as campanillas o tempo que se queira que non rompen, i é a maneira de,e,e de sujetalas ao cinto.
Despois leva dúas correas que as que van colocadas nos ombros, i átanse atrás na espalda cruzadas, i outras dúas que son as que van colocadas aiquí, i se sujetan por detrás, i é a maneira que ten a sujeción de do cinto. Tamén non pode ir nin mui apretao nin mui floxo. Se é mui floxo, en vez de tocar as campanillas, o que fai, o cinto baila, sube e baixa, entonces as campanillas non tocan como teñen que tocar.
Pa a costumbre e,e,e según as parroquias, teñen a colocación do cinto nun volante. Hai moita xente que as que as leva altas, lévaas subidas, entonces, que sinifica, as campanillas tocan menos i hai que facer moito máis esfuerzo. Sin embargo, aquí en Santiago de Arriba, a costumbre é levalas baixas. Decían antiguamente os vellos que se as campanillas non mordían nas pernas, é que o volante non sabía tocar as campanillas. Que sinificaba? Que as campanillas tiñan que pegar na perna, golpear na perna. Eso quería decir, que iban baixas e que daban a tonalidá. Consecuencias, o traxe picábacho todo, pero tamén che picaba a perna.
Tamén outra outra cousa,a,a e,e,e importante é a proteción pa que as asas i as puntas non che destrocen, niste caso, a barriga ou as costillas, ou cousa polo estilo. Antiguamente, había un saco que era o que utilizaban pa a fariña, un saco mui largo, i o que facían, o cinto iba pelao sin nada, iba cas campanillas e con todo, ise saco envolvíancho na,a,a na cintura e colocábanche o as campanillas por encima, según como tocaras as campanillas e deso, normalmente, o saco solía escapar, entonces os pellizcos nas nas beiras eran eran fuertes que eu aínda teño algunha marca, precisamente, das das puntas de de traballar, de subirches o saco e,e,e... Ahora o que,e,e o sistema que collín eu, xa leva os os sacos incorporaos, entonces no momento que está o cinto montao, colócoo, amárroo ben (unhos) buratiños que ten, entonces xa vai protegido o que é o volante, non fai falta poñerlle nada máis, xa os sacos mismos xa o protexen do das campanillas pa que non o manquen.
Iste debe andar entre trece e catorce quilos. Pero estamos falando de que un volante entre,e,e o pucho i o,o,o cinto, unhos trinta, trinta e cinco quilos que leva encima. I hai que,e,e hai que movelo.
Autor/a da transcrición: e~xenio