Bueno, pois vamos a falar do personaxe do,o,o do maragato o,o,o digamos o guardián do Entroido. Iste é un personaxe que vai siempre acompañando ao volante, é o que abre camiño, abre paso, i o que cuida de,e,e dos personaxes do Entroido e que todo vaia como como ten que ir.
Ise personaxe vive vístese con roupas vellas e calzao vello, guantes de,e,e de traballo vellos, e despós, sobre todo, o o o principal que son as pieles, utiliza, tamén ten o nombre de de peliqueiro, é maragato ou peliqueiro, nós utilizamos moito o de maragato porque cando utilizas a,a,a a palabra de peliqueiro, depende con quen fales pos automaticamente xa nos relaciona ca cos entroidos de Orense, entonces por eso siempre recalcamos de de maragato, que a a gran diferencia que non se non se mezcla con ningún.
Entonces, o personaxe do maragato, son as pieles, ten as pieles pa cubrir as pernas, que niste caso serían as polainas, e niste caso levaríaas, por ejemplo, así, atadas con unhos cordós, aparte de protegerse porque anda polas leiras e,e,e pode encontrarse toxos, silvas, ou cousas polo estilo, i é unha maneira de de protegerse o que é o que é a perna. O calzao tamén, un calzao fuerte, resistente porque é un personaxe que que corre, e corre bastante. Eso serían as polainas.
Despois levaría un peto, (iste) caso sería o peto, e levaríao colocado así. Esto sería a parte d’arriba do maragato. Pa sujetar as pieles leva un un cinto cunha choca, e cando,o,o escoitas nun camiño que vai funcionando i a choca fai este sonido, vai abrindo camiño porque se non, ábreo il. É un personaxe que,e,e e ten moita picaresca, gústalle moito divertirse, pero á hora de traballar tamén traballa e pega. Porque unha das cousas que leva tamén, fundamental aparte dos guantes, é o cinto; aparte do ruído que podes facer, tamén sirve pa,a,a pa pegar. Cando no momento que,e,e ca xente non se aparte ou eso, a correa está pa pa utilizala e ten habido algún ano casos de ter que utilizar a hebilla pa abrir paso, darlle a volta ao cinto, entonces envólvese ao revés i arreas ca hebilla. Ten habido anos de pa poder apartar a xente, ter que utilizar a hebilla.
Entonces despois a,a,a a caraúta que utiliza, temos con ósos ou,u,u ou cornamenta de,e,e de animais, estos son pa desfiles, o que vos comentaba antes, o maragato é un personaxe que que defende aos personaxes do Entroido, que durante a representación do Entroido ten que correr e ten que moverse, entonces con iste material sería praticamente imposible, e entonces utilizase pa desfiles. Despois cando é a época de traballar, á hora de traballar, utilízase unha máscara dunha piel dun dun animal, dun coello, dun teixo, do do que sea, pero siempre que teña moita visibilidá, e que non pese nin poda mancar a nadie con il. Entonces é a maneira de,e,e de moverse e de,e,e e de traballar. Utilízase un pasamontañas, antes utilizábase unha pañueleta a modo de de recubrir pa que non te reconoceran, entonces a,a,a a máscara do maragato nunca se quitaba, era de andar.
I é o personaxe que se,e,e que é o que tan máis forza no Entroido porque impresiona por por as pieles e (do) demais. Non son pieles sintéticas, sobre todo recalcar eso, son pieles naturales de animales cando,o,o cando se mata un cabrito pa comer na casa, cando se mata un becerro, cando,o,o se temos a gran suerte que no matadero pois maten unha vaca ou maten un boi, pois se nos poden conseguir a cornamenta pois traemos a cornamenta i utilízase pa o pa o Entroido, e utilizámolas e secámolas como se se curaron toda a vida, eiquí vos teño a muestra dunha piel estirada, recién matao estírase ben, clávase cunhas puntas a unha,a,a a unha madeira que sea grande, pónselle,e,e inseticida sobre todo pa que as moscas e deso non vaian a el, imprénase ben de inseticida, e utilízase a cisa que nos sobra da da cociña, a cisa de queimar a leña, utilízase a cisa, i é unha maneira que a curte. Cando leva u,u,un unha época,a,a xa que xa está seca pois quítase e utilízase pa o Entroido. Esta é a parte da da piel, a ver se se a podo soltar un pouco, eiquí vedes como,o,o como xa está praticamente curada, esta sería a piel i o que lle utilizamos foi a cabeza, tamén curala, cocela ben cocida pa quitarlle a carne i os restos que de sesos e deso que tiña, entonces curala i é a que vamos utilizar pa,a,a pa preparar un traxe pa o,o,o pa o maragato. I eso é basicamente o que é o personaxe do maragato.
O que vos comentaba, ten a picaresca, gústalle,e,e divertirse, (faguer) facer falcatruadas, pero a hora de traballar é un personaxe que traballa e pon respeto, cando ten que poñer respeto, abrir paso, é o que ten que facer, sobre todo ao personaxe do volante teno que coidar por encima de todo; teoricamente non lle poden tocar, hai que ter camiño libre pa el, entonces iste personaxe é o que traballa.
Antiguamente iste personaxe era o que recollía o,o,o o viño por as por as bodegas dos veciños e doutras parroquias e,e,e e doutros concellos; i o que se utilizaba pa recoller o viño era esto, que isto é un pelexo dunha cabra, que ahora xa fai tamén moitos anos que,e,e que os artesanos que o facían xa non o fan, entonces tampouco se consigue, i aiquí como era unha zona da,a,a da ribeira, a cabra utilizábase pa,a,a pa a época da vendima, íbase,e,e ao lado de Chantada a un a un pueblo que lle chaman Merlán, era donde se facía,a,a a feira das cabras e donde todos iban a comprar as cabras vellas pa matar pa ter a,a,a a comida pa,a,a pa as vendimas. A carne utilizábase pa comer i a piel curábana pa poder carretar o viño, i eran pois tanto,o,o os garrafós coma,a,a como os depósitos de,e,e de viño que hai hoxe en día, pois esto era donde se carretaba o viño. I este tíñao que levar ao lombo o personaxe do maragato. Tiña que andar con il desde que empezaban a botarlle o viño hasta que enchía, hasta dar chegado a Arxeriz, pois era o do deso, e tamén no campo da festa tamén se traía e,e,e i era unha maneira de recaudar ca,a,a ca xente que había no campo, ofrecerlles unha taza de viño, e de paso pois se soltaban algo pois millor que millor, i era a base que,e,e que tiña.
Non se sabe a,a,a a cenza certa o nome de onde salíu. Eu penso que sería do,o,o da xente que,e,e que se dedicaba,a,a a vender, que se desplazaba moito, o tema da maragatería, dises personaxes que viñan de León e de toda esa zona en en venta co,o,o cos seus cabalos, á venta i a comprar, que viña moita xente tamén a comprar viño, e como viñan daquela maneira porque tamén dormían en todos laos, eu penso que o colleron de,e,e o nombre desa desa xente, polo plan así estrafalario de,e,e da maneira de vestir e de e de moverse. Penso que viña d’aí. Penso que se adotou esa que eu penso que a a primeira era o de peliqueiro por o tema das pelicas e de,e,e e sobre todo que antiguamente o que era o personaxe do maragato, según hoxe e,e,e velo no lao amable que non pega, non non se mete ca xente, non asusta, antiguamente o maragato canto máis medo infundira moito millor, era verdadeiramente pánico o que se lle tiña porque cando salían, salían a,a,a a darlle, a abrir espacio. Eu acórdome de pequeno, tiñamos a iglesia abaixo, a iglesia vella, i había que ir á misa, entonces chegabas á carretera i o primeiro que mirabas a ver si había os maragatos ou os volantes, e cando non vías nadie, salías todo convencido en canto entrabas no camiño, víalos salir, xa non había camiño, xa eran as muras todas a,a,a a saltar muras pa que non te pillaran. I aparte a maneira que tiña de bu,u,u, era xustamente e,e,e e sobre todo eu penso que más que nada facíano tamén por o por o tema de,e,e de que os rapaces non eran ben vistos no no entroido, e entonces penso que era unha maneira de meterlles medo e telos así tan asustaos pa que pa que non participaran no entroido porque eu acórdome de pequeno, tanto eu como como os rapaces máis vellos cá min e todo eso, xente que tiña oito, nove ou dez anos, pois o que facías cun cordón durante o ano os botes de melocotón e deso que viñan en almíbar, esas latas gardábalas, e cando chegaba a época do entroido, metíaslle unhas pedriñas dentro e esmagábalas, facíalles un burato cunta punta e cun alambriño sujetábalo nun nun cinto, entonces facías a,a,a a vez de volante cos cos latós, pero,o,o o que conseguías é que te iban empuxando i aparte os maragatos corríate e,e,e e sacudíante pa que non pa que non participaras.
Un veciño da Sariña que lle chámanlle O Asturias, a primeira vez que vin eu un maragato con cornos, e cruzaba as hortas, que nós aiquí sempre tuvemos terraza, era un terraza más vella más dife/ pero tiñamos unha terraza, e estaba todo cerrao, por eso estaba na terraza se non, non me asomaba, e cruzaba por aí polas hortas, e deixoume impresionao porque eran os cornos dun carneiro i daban así a volta i (arrimaban) de punta, pero en canto o vin cruzar por aí, a verdá é que me deixou acojonao, acojonao velo, foi o que (más) me impreionou. Aquelo sempre me quedou gravao e debía ter eu catro anos ou cinco, non tiña máis.
Pero mira, inda inda che pasa hoxe con con rapaces, eu mismo eu teño sobriños que veñen de Barcelona pa o Entroido, ahora xa se acostumbraron, pero,o,o están contigo, estanse vestindo, estaste vestindo ti, poste as pieles todas de marabilla, pero en canto te colacas a a calavera na cabeza, escápenche. Sin embargo hai rapaces que ao millor, na mira, na vida lo viron, i é curiosidá o que teñen, plántaste diante e quédanche así mirando i a,a,a a idea diles é tocar, sin embargo tes outros que berran como condenaos.
O que non se dan conta que iste personaxe se te ve que lle tes medo e lle escapas, aí fixéchela boa porque o que o incitas é que pegue detrás de ti.
Autor/a da transcrición: e~xenio