Eu fixen unhas formas, catro tamaños distintos pa catro tamaños de pétalos distintos. Vamos a ver, fai anos unicamente facía as flores con tres pétalos, non con catro. Facíaas con tres pétalos i así armaba todo. Que pasa? Que con tres pétalos, a flor é máis pequena. Entonces, claro, eu cansábame moitísimo de facer, de facer flores. Aparte que comprobaba que con tres pétalos, solo tres tamaños, estropeábase enseguida. Entonces, en parte porque se estropeaba, i a outra parte pos por salú, porque era eu sola a facer as flores, e claro, o pucho do volante vén levando flores de tres pétalos, cento e pico, case cento vinte flores, e claro, si dixéramos, é un pucho pa todo Entroido, pos bueno, inda ten o seu aquel, pero como dependemos da climatoloxía, ten habido anos nos que facemos un pucho pa cada domingo. Entonces, que pasou, a min o brazo xa empezou pos a decirme, oes, mira, baixa o rimo porque non, é muito tempo sempre na misma posición, collín codo de tenista por facer as flores, porque é o que decimos, aiquí o que está metido non Entroido, o que non está jorobado dunha cousa está jorobado da outra, entonces, pos, pasei a facelo pois de catro. Catro, i a diferencia é moita porque inda que parezca que non, si o papel riza ben, ao mellor con noventa flores, ao mellor, fago o pucho. E de noventa pois a cento dazoioto ou cento vinte, hai diferencia. Entonces...
Bueno, aiquí ahora están cortados os pétalos, entonces ahora si collemos as cousas, volvemos coller cordón como collimos antes, e si antes doblábamos a folla, ahora o que temos que facer é rizala. Entonces colócase a primeira, aseguramos ben, con un cuchillo liso, que non sea de serra e que non corte nada, aparte si corta, ao metelo en papel, en canto teñas tres flores rizadas, xa non volve cortar nunca máis, entonces, e rizamos. Poñemos o cuchillo por baixo, o dedo por riba, empezamos no centro e vamos de un lado a outro, aí, i é a misma operación que na antiga, colocamos a siguiente ao lado, que monte un pouquiño na anterior, e rizamos, e poñemos a terceira, i aí está. Entonces ahora vamos co siguiente co siguiente tamaño. Empezamos igual que antes, no medio de dúas de arriba ten que certar o centro da que estamos poñendo, e seguimos. O papel e,e,e inda que parece mentira, o que máis rompe é o blanco, por lógica debía de ser indiferente o color, pero eu creo que o tinte que lle dá como máis consistencia ao papel porque canto máis claro sea o papel, máis tende a romper.
Bueno, ben vedes, estou terminando a esta volta, e solo quedaría as, no, quédame unha. Vedes, mira, unha, dúas, tres, catro, o que decimos, cada volta leva unha máis, i aí, aiquí a está pedindo, entonces, poñémoslle aquí outra máis. Aiquí está ahora terminada a flor, dámoslle unhas voltas pa que non se desfaga, i aiquí cruzamos os fíos, e listo.
Autor/a da transcrición: e~xenio