Aiquí, está unha flor feita cas follas do millo que sería a flor que se facía antigamente. Esta sería a flor que se facía antigamente entre comillas porque leva esto, este alame, i esto antes non o levaba. Antes o que levaban, era un cacho de vimbio. Entonces, esto doblábase, o mismo, é a misma operación que se facemos, vouvos facer a comparativa, esto corta o que ve, deixa o que encontra, esto vén sendo o mismo, no? Esto si o doblamos, retorcemos aiquí un pouco, así, pos ca vimbia o mismo, retorcemos aiquí un (nada) e xa está. É decir, os pasos son os mismos. Entonces, ahora, aiquí colleríamos follas de millo así, que estean mui arrugadas e que non nos valgan pa nada, e faremos aiquí como un montonciño que é pa facer o centro da flor. Collemos un cacho de cordón, esto é esto, esto si ahora eu lle quito este papel por aiquí está cheo de papel, pois esto é o mismo. É decir, o mismo que se facía antes faise ahora, ca única diferencia, cambio de material.
Entonces ahora colleríamos folla seca do millo, eu teño aiquí follas e teño estas aiquí que están tintadas, están tintadas porque eu nesa conversación que tuve que tuven con ese veciño, decía que o seu abuelo lle contara que algunhas flores levaban algún como algunha folla de color. Entonces, vamos a ver, como este entroido sempre se caracterizou polo que,e,e sempre contaron os veciños, porque nós guiámonos por eso polo que contaban os veciños, que sempre se fixo co que había na parroquia, non se iba buscar nada fóra, pois claro eu botei en contas que tiñan que tinguir as follas pos con algo que houbera aiquí. E claro algo que houbera aiquí eu creo que o máis representativo era o viño, entonces estas están tinguidas co bullo, á hora de facer a augardiente, cando metes o bagazo na,a,a no pote, metéronse estas follas, despois sacáronse, secáronse e quedaron con este color. Hai outras verdes que non sei si terei aiquí algunha, que esas foron tinguidas cas herbas de facer a augardiente de herbas.
Entonces eu ahora vouvos a facer unhas e,e,e destas, e despois facémola aiquí pero para que vexades praticamente a,a,a a forma é a misma. Entonces collémonos de cordón, que creo que o tiña aiquí, aiquí, empezamos por follas así máis estreitas, si non as hai, pois sería cuestión de romper unha folla, i esto doblámolo así. Collemos e sujetamos, sujetamos fuerte i entonces ahora poñemos outra, son, si son todas mui anchas, rompemos e poñemos, sempre pos se pon o segun/ a segunda que monte un pouquiño, que vaia un pouco pegada á anterior, aí, i ahora poñemos unha terceira. Hai que ir abrindo a folla porque claro, as follas estas non secan por un igual todas, aí. Entonces xa cerramos o que sería a flor, non? Entonces ahora, temos que poñer por baixo outras, pero xa un pouquiño máis anchas. Entonces, a primeira sempre se pon no medio de dúas, das dúas primeiras que hai arriba, apretamos fuerte, ahora aiquí xa vai pos a gusto, quero meterlle unha de color, métolle aiquí unha de color así. I seguimos hasta darlle a volta completa que polo general a volta completa é, si na volta d’arriba levaba tres, o normal sería que esta nos levara catro, pero eso é unha teoría porque todo vai en como nos doble a folla, i o que a folla se faga de domable, aí, e así levaría catro. Non me chega o cordón, non pasa nada, ahora añadímoslle máis, dámoslle dúas voltas, e xa non se solta. Entonces, ahora, iríamos a facer a terceira. Pois quérolle meter unha de color aiquí, pos métolle unha de color aí, no medio de dúas, e continúo. Como podedes ver, canto máis vou pa baixo, xa vou collendo máis grandes a,a,as o,o,os as follas, así. Que bueno, esto estamos falando das follas antiguas do Entroido ribeirao, pero do Entroido ribeirao de Santiago de Arriba. Eu, como eran antiguamente nos outros lados, non o sei. Bueno, esta é a flor antigua.
Autor/a da transcrición: e~xenio