I a raíz desa conversación dese home, tamén soupemos como era o pucho antiguamente, porque claro, si, falamos de que o noso Entroido ten muitos anos, ten muitos anos, pero claro, o papel pinocho co que se fai o pucho non ten tantos anos como nós decimos que ten o noso Entroido. Entonces, claro, unha pregunta era, e como podía ser ese volante? Ese pucho? I aí ese home ese día pois dixo: “Mira, contaba meu abuelo que o,o,o pucho estaba feito con follas de verza seca e cas follas do millo". I eu dixen: "Que!". Dice: “Si”. Entonces eu dixen: “Home, xa temos aí algo”.
Eu despois intentei falar co home, que me seguira contando, pero nunca máis tocou o tema, aquel día estaba debía de estar ispirado e contoumo, porque eu hoxe falo co fillo, o fillo hoxe debe de ter sesenta e pico anos, e falo co fillo, foi o que dixo: “A min eso, el, nunca mo contou”. Pero que non llo contou a el, non llo contou a Juan que llo que lle tirou da lengua cuarenta mil veces, e contoumo a min aquel día que eu non lle tirei da lengua nin nada, saliulle así. Entonces, a raíz desa conversación foi cando soupemos como era o pucho antes.
Aiquí hai flores que se levan ahora, i a flor de antes. I aiquí hai unha cousa que eu quería amosar, nós o pucho cando,o,o o preparamos, temos que preparalo con mui pouquiño tempo de antelación porque esto é papel, non é papel corrido porque son pétalos cortados un a un, entonces a humedá, o aire, praticamente todo lle afeta, a luz. Entonces a flor vai perdendo color, vai perdendo a forma, aiquí vedes esta,a,a forma esta flor pois pa min xa non valía pa poñer no pucho, xa perdeu a forma, esta tamén, entonces, así é como quedarían no pucho, pois, un día de que non houbera muita chuvia, pero si que se lle dera movimiento ao pucho. I ahora xa vedes estas aiquí en cambio como están ben formadas, entonces. Esas irían ao pucho, estas non.
Aquí as flores po,o,os pos puchos facíanse pois nunha casa, nadie vía como a,a,a como se facían as flores, os veciños, os homes, por decilo dalgunha forma, pois collían e rizaban o papel, e despois deixábanllo na casa á muller que facía as flores, i a muller recollía os pétalos, facía as flores, pero nadie lle vía facer as flores. Entonces como eran realmente feitas esas flores, pos nadie o sabía. Que pasa? Que ti vos si mirades as flores das outras parroquias, son completamente distintas a estas, pero mui similares entre todas. Entonces, o por que, eu teño a miña,a,a creo que é a respuesta. Vamos a ver, o Entroido, a cuna do Entroido foi aiquí, eso non o pon en duda ningunha parroquia, que a cuna foi aiquí. Que pasa? Antes non había coches, non había como moverse, o normal, casábanse unhos veciños con outros, ou casábaste co veciño da,a,a da parroquia do lado. Claro, si eu crecín vendo un entroido, i a min ese entroido me gustaba, claro, caseime, funme para tal aldea, e por que non facemos o entroido. Claro, o traxe víase como era, o cinto das campanillas víase como era, víase todo como era. Que era o que non se vía? As flores do pucho. Sabían que eran as que eran flores pero non sabían como se facía, porque é o que decimos, eu inda que fora desta parroquia, eu sabía que parro/ que flores había, pero non sabía como se facían as as flores porque as flores eran feitas dentro dunha casa, i aquela muller non lle enseñaba a nadie como se facían as flores. Había dúas, dúas, tres mulleres que eran quen as as sabían facer, e fóra desas mulleres nadie facía as flores. Entonces aí vén o detalle de que nas outras parroquias as flores, todas teñen un parecido común, papel corrido e facían, porque claro, eu sei facer unha flor, eu sei facer outra, os puchos nas outras parroquias ao mellor levan tres flores distintas, porque claro, cada veciña sabía facer unha flor, i era a flor que lle metían ao pucho. Aiquí non, aiquí levan unha for/ unha forma determinada. É máis, cando nós empezamos coa asociación, as flores fíxoas unha veciña, i eu acórdome que aquela veciña na cociña da súa casa díxome: “Marisé, mira ben como se fan as flores porque eu non as volvo a facer. Estounas facendo este ano para que ti sepas como se fan”.
Claro, eu mirei. Mui ben, aquel ano saliu o pucho cas flores feitas por ela. Pero é que ao siguiente eu fixen as flores, home, non estarían ben fei/ feitas logicamente, era o primeiro ano que eu as facía, pero eu aquel ano sentín vergonza do meu traballo porque o único que oía era o comentario dos veciños: “Esas non son as flores de Santiago de Arriba! Ese pucho non parece o de Santiago de Arriba!". Entonces, claro, eu sentinme tan mal que eu o primeiro que fixen foi falar con Juan Carlos e decirlle: “Oe, mira, por favor, consígueme unha foto, si pode ser en color, o máis antigua posible donde se vexan realmente como eran as flores”.
Conseguiume unha dos anos, principios dos anos setenta, e tiña razón, a flor non era a que eu fixera. Eu fixera a que a veciña me enseñara, pero non era a flor propia da parroquia. Entonces pos bueno, alá me puxen hasta que me saliu, logicamente, ao ano siguiente fixen o pucho cas flores tal, e collín e díxenlle á muller, a esa veciña que me enseñara: “Ves algo raro ao pucho?”. E cas súas narices díceme: “Si, que trae as flores de Santiago de Arriba”. E digo eu: “Coño, hai que ter mala baba, non?”. A min enséñame unhas flores que non eran as da parroquia, eran pos si outro tipo de flor, pero non eran as da propia parroquia. Que eu, ollo, eu agradecinllo muitísimo porque polo menos a base de como se facían, esplicouma porque eu partía de cero, eu non son de Santiago de Arriba, eu tiña visto o pucho por Chantada, pero nin tiña vido aiquí a ver o Entroido nin tiña a máis remota,a,a maneira de saber como se podía facer. Entonces si, a miña conversación con esa muller si que me valeu pa saber como había que empezar, pero en si teño que decir que a flor descubrín eu como se facía a base de rizar, rizar e rizar.
Nós colores usa/ solemos usar colores vivos, colores que,e,e que demostren alegría, non? porque o significado do pucho en si, é pos bueno que a primavera en si, é un chamamento á primavera, entonces queremos cós cós prados, que os campos estean cheos de,e,e de color, de flor, de aí que leven as flores, tanto colorido é o que nos representan, na primavera empezan o,o,os os árboles frutales, esta é unha zona de de muito árbol frutal, pois empezan a sacar as súas as súas cores as árbores, e claro non todas as árbores sacan a misma flor e do mismo color, entonces d’aí os plumachos que levan tamén os pu/ o pucho, leva plumachos, leva plumachos de colores, i eso, representan pues bueno, os árbores tan propios d’aiquí desta zona que son os árbores frutales.
Despois o pucho leva dúas monecas, hoxe leva monecas, pos bueno, destas que antigamente había nas tómbolas, non sei, unhas que solía haber que se lles abría moito o vestido, son as que usamos, antigamente cando era o,o,o o pucho pois deste material, home, deducimos que serían monecas de trapo, logicamente, non había non había este tipo de muñecas daquelas, entonces van esas monecas que representan pois unhos nenos, i unhos nenos, porque claro, acábase o inverno, están cheos de estar metidos dentro da casa a lado da da lareira, ou da cociña, claro, vén o bon tempo, queren xogar, entonces os nenos re/ as monecas representan eso, os nenos xogando pos no medio das flores, i as colonias, pos que representan? Aí, pos bueno, unhos dicen que representan pos os colores do arcoiris, outros, pos bueno, os colores todos que nos pode dar a natureza, eu creo que representan á vida que dá a chegada da primavera.
Este é un traballo que eu levo facendo vintecinco anos seguidos, estou cansada de decir que se poñan, pero mui poucos acetan, dicen que non teñen paciencia, que esto que é un traballo mui fino, e non teñen paciencia pa poñerse a,a,a i entonces eu xa digo, bueno, pos o ano que eu non dea pois a ver como fan, porque quitando Alexandra, quitando a Ana, que me axudan facendo flores, pois non hai nadie máis que queira poñerse a,a,a a facer esto, entonces alá eles, despois terán que poñer o que lles salga, igual que o primeir ano me pasou a min, que puxen as flores que me saliron e pa colmo non eran as flores propias da parroquia. Entonces, si vedes a forma, é a misma, a de facer unha, a antiga, á nova cambia, e claro, logicamente, as de millo non se rizaban, doblábanse, pero a forma de facer as flores é algo que se respetou. I é o que digo, nas outras parroquias é flor corrida, pois xa me dirás como as facían antiguamente, non o sei.
Aquí está o antes, i o de hoxe; o do futuro, non sei como será a verdá. I esto ahora métese no pucho que despois enséñovos, (diramos) que vai así, i esto crúzase así, i aí queda sujeta. Esto vai no pucho, có noso pucho ten a forma do camarín da Virxen, cada parroquia en si, tiña un pucho, non son todos os, non todos teñen a misma forma, o de Santiago de Arriba ten a forma do camarín da Virxen; o da Sariña tiña a forma, si se lle daba a volta, pos dunha barca, da barca que cruzaba o río; teño entendido que antes o de Nogueira tiña a forma de un páxaro que solo habitaba o que era en Nogueira, xa non viña hacia aiquí, pero ese desfixérono i ahora fixeron un que dito por veciños ten forma de helicótero, eu non sei que ten que ver un helicótero co ca parroquia, pero é eso, o noso ten a forma do camarín da Virxen, o de ahora i o de antes. Eu os das outras parroquias pois non o sei. Si antiguamente, o que digo, nas outras parroquias era doutra forma, tampouco o sei, eu sei como eran en Santiago de Arriba. Así, e son así.
Autor/a da transcrición: e~xenio