Bueno, falando do,o,os dos volantes, eu creo que o traxe é unha cousa son mui mui importante. Entonces o volante viste con colores vermelles i amarelas. O traxe en si é mui sencillo, é unha camisa, ben vedes aiquí, unha camisa normal, i un pantalón tamén o máis sencillo que vos poidades imaginar. Leva unhos bolsillos no lateral ca función de cando un se quita o guante pos podelo meter meter aiquí. E,e,e os colores, vermello i amarelo, non quere decir que levemos a bandeira española como moitos pensan, e,e,e antigamente, o noso volante vestía de blanco igual que todos os entroidos de aiquí en Galicia, entonces poi,i,is, claro, entroido no mes de xaneiro, no mes de febreiro, so,o,on días mui grises, entonces ver algo blanco polo medio dunha horta case non non se vía, entonces otaron no seu día pos por cambiar de color; entonces dixeron, pos vamos buscar unhos colores que se vexan, inda que o día estea gris que se vexa ben. Entonces non tiñan un color estipulado pa pa facer o,o,o o traxe, o que pasa que foron comprar i atoparon que había unha tela a dous colores, non había que empatar color con color, xa tiña os dous colores a tela. Que tela era? A bandeira, si, a bandeira española, pero nós non levamos a bandeira, porque aquí vese ben claro, nós levamos o vermello por dentro, entonces aiquí xa se ve claramente, coinciden as cores, nada máis, non levamos a bandeira por ningún lado.
Antigamente era blancos o,o,o a muda que usaban os nosos antepasados pa,a,a pa poñer de liño, imagino, i antes do liño pos non sei o que sería. Hoxe, aparte desto, levan unhos panos que son estos. Levan estes panos, estes son negros, poden ser vermellos, poden ser azuis, poden ser amarelos, a colocación vai así, cruza e ata. Antes destes había o que se lle chamaban os panos marinos, chamábanselle panos marinos porque viñan do outro lado do mar, os emigrantes que habían marchado pois pa Cuba, Venezuela, ou tal, pois bueno, mandaban unhos panos, eran muito máis grandes cá estes, eran como tipo mantón de Manila en tamaño, os colo/ os dibuxos eran máis suaves, e eran tan grandes que chegaba un pano pa un volante. Colocábano así, cruzábano i ataban atrás. I antes dos panos marinos, pois, o que usaban eran as toquillas das nosas avoas. Viñan usando esto, había este tipo de toquilla, i había este tipo de toquilla. Ben vedes, veñen facendo o mismo que os que usamos hoxe en día, pero cos materiales que se usaban antes. O mismo cá pañueleta que leva o volante hoxe. O volante hoxe leva unha pañueleta de color, eso vai indiferente, cada volante escolle a súa pañueleta, non hai non ten por que ser dun color determinado, i antiguamente pos levaban a pañueleta que usaban as as abuelas na na casa.
Como sabemos que esto era así antiguamente? Po,o,ois,s,s por información oral, porque por desgracia non hai nada escrito de como era antigamente o noso o noso volante.
Eu fai moitísimos anos po,o,ois,s,s falando (que aiquí) con un veciño, que era da familia dos Patacos, (Incomprensíbel) Seguimos ca familia dos Patacos, po,o,ois,s,s Juan Carlos iba nun finca buscar un un burro que tíñamos, i eu quedeime esperando por il alí nun lugar donde estaba o veciño este con unha vaquiña que tiña, i entonces díceme así sin querer: “Rapaza, pero que, xa estás cos preparativos da,a,a do do Carnaval? — Porque aiquí a xente inda que é Entroido, non sei por que, chámanlle Carnaval — Xa andas cos preparativos do Carnaval?”. I eu díxenlle: “Bueno, aiquí ando, téñome, dentro de pouco téñome que poñer a facerme co co pucho”. E dixo: “Ti mira, o pucho ahora os colores que leva, o vistoso que é. E como sería antes? — dice — Porque eu acórdome cando eu era cativo có meu abuelo contábame que cando el era novo, o volante vestía de blanco, levaba a pañueleta da abuela”. D’aí foi donde nós, pos bueno, a raíz desa conversación, donde soupemos como vestía o noso,o,o o noso volante antes. Porque é o que decimos, antigamente, por desgraza, algo que fale deso non o temos.
Autor/a da transcrición: e~xenio