Cada ano celebrábase nunha parroquia, cada vez menos xente, cada vez e,e,e máis más descafeinao, e entonces naquela época, o que era a concelleira de cultura do concello, bueno, pois decidiu que, houbo unha reunión con toda esa xente das parroquias a ver se había maneira de facer unha asociación ou facer algo pa potencialo. Entonces e,e,e houbo unha reunión na Casa da Cultura en Chantada, e si, houbo representantes de todas as parroquias, pero á hora de formalizar a asociación, as parroquias, Vilaúxe non se levaba ben con Nogueira, entonces non quería saber nada do do desto, que iles que se mantiñan aparte ou senón que tiña que ser nun sitio neutral, bueno, historias. Entonces e,e,e fundouse a asociación con todos os representantes das das das aldeas que había Entroido excepto Vilaúxe, que Vilaúxe dixo que non, que non se acercaba. Entonces foi foi cando se decidiu naquil naquil intre montalo e,e,e a xente que que estuvo na reunión decide decidiron que o primer presidente que tiña que ser alguien da da parroquia que donde donde se fundara o Entroido donde se iniciara o Entroido, entonces que tiña que ser un representande de Santiago de Arriba, e niste caso pois decidiron que fora eu, e bueno aí botei dazaoito anos ao ao frente da asociación.
Bueno, pois eiquí antes quen organizaba e,e,e solía ser a,a,a a xente,e,e xa maior, digamos xente casada que xa tiña os seus anos porque a xente nova non a deixaban (ter) no Entroido. E,e,e niste caso, aquí en Santiago de Arriba, había o cinto grande i o cinto pequeno, i o cinto pequeno pois era a partir de dazaseis, dazasete anos que empezaban a iniciarse, e pasar unha época hasta chegar ao cinto grande, entonces o que era o montaje do do cinto das campanillas, siempre se montaba o viernes anterior ao primeiro domingo de Entroido. Entonces e,e,e e móntabase o cinto, levávase á carreterra, e entonces mallábase o cinto, que era e,e,e irse turnando de toda a xente que que quería tocar as campanillas, e entonces facían o recorrido de diante da cantina hasta Siqueiras, ida e volta, chegaban, siguiente, ida e volta, i así estaban pois praticamente toda a noite pa que esas campanillas se acoplaran ben ao cinto, e estuveran dispoñibles xa en condiciós de sonar ben o,o,o o domingo pola mañá. O cinto pequeno eran os restos das das campanillas que sobraran dise cinto grande, entonces esa si que hasta o domingo pola mañá non se non se poñían. Entonces pois aí escollíase pois ao volante,e,e niste caso novo, que iba que iba a poñelas o primer día, i aí vestíase e iba iba pa diante con elas.
Si, nós nós aiquí unha,a,a sobre todo en Santiago de Arriba, supoño que noutras parroquias tamén faguerían algo mui parecido, nós aiquí unha base importante de financiación que había era recaudar viño por a por as aldeas, e cruzábase o río hacia o outro lao, hacia a zona de Diamonde e,e,e toda esa zona d’aí, por a sencilla razón de que había un leiteiro d’aiquí que tiña un un camioneto naquela época, que era o máis moderno que había, entonces levaba o viño, perdón, o leite ao pazo de Arxeriz, que era a primeira fábrica de que houbo de Arxeriz, entonces que facía, pois iban recaudando viño hasta chegar ao pazo de Arxeriz, i aí esperaban que fora a levar o o leite, e entonces e,e,e volvían cos pelexos cargaos de viño por non os ter que traer ao lombo pois aproveitaban o o viaxe do camión pa volver de volta cos cos pelexos porque un pelexo de viño aiquí pois igual leva sesenta ou setenta litros de viño, e entonces ao millor pois nise percorrido pois iban tres ou catro maragatos, pero é que ao millor enchían sete ou oito pelexos de viño, entonces eses os maragatos eran os que o tiñan que levar ao lombo, e xa lles chegaba abondo levalo pr’alá sin ter que volver de volta con il p’acá. E,e,e i o resto da financiación, eiquí sempre houbo unha costumbre hasta que que empezou a asociación que era, o martes de Entroido en canto acaba o Entroido, os vellos de todas as casas da aldea xuntábanse na na cantina co resto de organizadores do do Entroido i o resto de veciños, aí eí pasábanse contas, i os cartos que faltaban hasta cubrir, eran os vellos de cada casa os que poñían a cuota correspondiente pa pa cubrir o Entroido.
Si, nos nosa base, bueno xa de todas maneiras mui poucos vellos quedan na parroquia, bueno, nin vellos nin novos, queda mui pouca xente, e de todas maneiras, é coma todo, non suele chover a,a,a a gusto de todos e entonces pois un estará mui de acuerdo do que estás facendo, i outro estará totalmente en contra. Entonces, millor maneira, terlles o Entroido, que disfruten do Entroido, pero non pedirlle a nadie, voluntariamente nós vendemos un unhas rifas que se fan unhos sorteos, entonces o que queira voluntariamente pois aportar, pois compra as súas rifas e,e,e i é unha maneira de colaborar co Entroido. E basicamente é o que temos pa pa financiar o Entroido. Ao principio empezamos mui ben, pero bueno, era acabar o Entroido, i os que estabamos na na diretiva pois normalmente había que ir ao bolsillo e,e,e e cubrir as as diferencias que había entre o que recaudabas i o i o que che costaba. Ahora,a,a temos a gran sorte de,e,e de que bueno, polo menos traballando arreo cas cas rifas pois o que si que praticamente costeamos o que é o Entroido, entonces eso a base principal, non perder a esencia pero tampouco hipotecarse.
Si, a diferencia é mui grande, tu ten en conta que aiquí hai o que é o Entroido i hai festa do Santiago. Aiquí por ejemplo, unha persona maior de,e,e desta casa d’enfrente, que tiña unha pensión mínima, mui pouquiña cousa, pos ao millor pa festa do Santiago, si a apurabas moito, dábache mil pesetas, sin embargo pa o Entroido, menos de cinco mil non librabas i había que llos coller porque se non, enfadábase.
Entonces ao que vou é que a xente maior tíñao tan metido na sangre, que era unha parte, era unha festa, máis festa co co Santiago en si, i entonces aparte de disfrutalo non lles importaba costeala. Hoxe en día, pois a xente xa mira máis, hai mui pouca xente na aldea entonces tes tes que tirar os visos a a ir a Chantada i a ir a unha serie de de zonas e intentar vender as esas rifas pa pa poder costear e pa pa poder ter o Entroido en si.
Si, e,e,e temos a gran suerte de,e,e de que bueno, xente que que non vive aiquí ou ou os mayores que que naceron aiquí e se desplazaron a Orense, a Vigo, a Coruña, a Santiago, a Barcelona, a Madrid, a Bilbao, bueno, a unha serie de sitios, intentou inculcarllo aos seus fillos, aos seus netos, e entonces durante o Entroido suele vir moitísima xente que durante o ano apenas vén á aldea, durante o Entroido si que vén. Entonces, niste caso, pois por ejemplo, Barcelona, familiares meus siempre o tuveron mui arraigao e entonces, bueno, foron metendo aos fillos, dos fillos pasaron aos netos, entonces decidiron cambiar as vacaciós que eran de vrao polas vacaciós pa,a,a do inverno pa pa vir ao Entroido, e disfrutar do Entroido e vestirse no no Entroido. Entonces penso que é fundamental, é unha maneira de de mantelo e darlle unha continuidá importante.
Si, nós nós a base cando cando empezamos como asociación foi que se non abrías o abanico de posibilidades á xente que lle que lle encantara, que lle gustara o Entroido i que quixera vivir o Entroido e vestirse, si non o abrías, ca xente da aldea nada máis era praticamente imposible mantelo. Entonces desde o primer momento pois houbo unha serie de xente doutras parroquias, estuvo con nós desde cativiños, ahora son grandes, e,e,e e bueno, temos a gran suerte que temos praticamente representación de todas as parroquias que que tiñan o Entroido na súa época, e entonces que decidimos que había que deixar rivalidades de lao porque era unha auténtica guerra entre parroquias, así se destrozaron campanillas porque en canto se encontraban os volantes na carretera, xa non era dentro da aldea, senón na carretera, facían como como os galos de pelea, era poñerse frente a frente, chocar as campanillas un con outro, a ver se as túas eran máis fuertes e lle rompías as campanillas do do volante doutra parroquia pa que non pudera ter o Entroido. A única parroquia que siempre se mantuvo ben con Santiago de Arriba foi A Sariña, siempre tiña os seus volantes, os seus maragatos, todos os seus personaxes, pero siempre tuvo Entroido con Santiago de Arriba. Eso si, nunca entraban na parroquia sin que os foran a buscar. Iles arrancaban da da súa aldea tocando, cando chegaban á cima da costa, que lle chaman a Costa do Lao, i alí tiñan que esperar que foran os personaxes do Entroido de Santiago de Arriba a recollelos. Entonces viñan con iles, cruzaban as hortas, pero a lei incondicional non escrita é que non podían avanzar por diante dos dos personaxes do do Entroido d’aiquí, se non, había había guerra. Sin embargo coas outras parroquias era auténtica guerra o que o que había, i así nunha parte tamén que se mantuvo tan tan centralizao non tiña tanta repercusión porque reservábase moito pa parroquia en si, e pa poder rivalizar con outra parroquia. Entonces aí era donde donde se levaba a estremos que hasta pa pasar por por a carretera por diante dunha parroquia que tuvera o Entroido, había que pedir permiso para que non che saliran a carretera e te quentaran.
Bueno, nas parroquias que que había o Entroido eso era imposible, o que si se facía era que como ibas á zona da montaña a buscalas pois aí tirabas moito de amistades, de conocidos, e entonces había que moverse pa pa conseguir as campanillas i as millores campanillas, entonces pois aí salías con tempo, e ofrecías traballo, e ofrecías unha serie de de cousas pa ter esas campanillas pa pa utilizalas durante o Entroido, pero é que tal como facías tu, facían o resto das das parroquias. Entonces pois aproveitábase moito o,o,o familiares, de,e,e de algún veciño que estaba desplazao noutras zonas que había campanillas, pa tirar de amistades e poder sacar as campanillas.
Aiquí houbo un caso curioso dun dunhas campanillas, que aínda as vamos a buscar nós hoxe, de en Pradeda, o Vilariño que lle chamaban, tiña en Guxeba tiña un unha ribeira entonces levaba as uvas de desde Guxeba pa pa Pradeda, e tiña unha parexa de campanillas mui boa e,e,e e entonces era complicao sacar esas campanillas. Que pasa? Que aiquí o que tiñamos era o o veciño que era o que montaba os cintos das campanillas daquelas e nolo montou toda a vida hasta hasta praticamente cando morreu, e leváballe a súa xugada pa acamboarlle i axudarlle a subir porque o camiño era mui complicao, e entonces e,e,e todos os anos leváballe a xugada pa enganchala (a cal) diles e,e,e subir esas uvas.
Resulta que un da da Senra, da parroquia de Camporramiro, comprara o primeiro trator que había por esta zona, e entonces foille ofreceulle que lle araba a finca pa bo/ pa sembrar o pan a cambio das campanillas, i a contestación que lle deu Vilariño foi que que cartos pa pagarlle a un trator que tiña, pero as amistades que non. Entonces as campanillas viñeron pa pa Santiago de Arriba, e siguen vindo hoxe en día a pesar de anos e anos, ise señor morreu, están os fillos ahora que un diles xa está jubilao, pero é chegar alí, (saludalo), e as campanillas veñen pa o Entroido.
Si, aiquí siempre se fixo toda a vida, según noutros entroidos o material xa o teñen na aldea, aiquí o material que usamos nós leva moitísimos anos que non se fabrica, vai por unha serie de tonalidades, de sonidos que ten, entonces pois hai que recollelas, utilizadas e devolvelas. Entonces tamén o facemos na parroquia como adonde vamos a buscalas. Todos os anos o seu contrato é ir pedir as campanillas, apretón de maus, utilizalas, acaba o Entroido, i a cada propietario hai que volverlle as súas campanillas tanto na aldea como nos sitios donde vas a buscalas. Así se fixo toda a vida, e nós intentamos seguir mantendo o mismo porque,e,e o valor ás campanillas dámosllos nós porque as utilizamos, entonces é un valor sentimental mui importante, pero aquí ese valor sentimental tamén o teñen os propietarios das campanillas. Siempre te dicen: “Se rompen, rompen no oficio, rompen tocando”. Pero queren que a cada se lle volva as súas, porque houbo, fai u,u,un moitos anos atrás houbo moito sinvergüenza, por non chamarlle outro nombre, que cambiou campanillas e,e,e non volveu as que tiña que volver, outras non as volveron, pedíronas a nombre doutro e,e,e e non volveron, entonces eso si que non se pode permitir nun nun Entroido, e sobre todo nun Entroido como o noso.
Nós sempre tuvemos a costumbre, ahora estase perdendo algo porque tampouco hai moito tempo, pero antes, unha das digamos normas (non escritas) que había aiquí, é que tiñamos a costumbre de de ir a visitar sobre todo aos veciños enfermos, hospitalizaos, ou xente que non se podía desplazar por equis, pois durante a semana, na época do Entroido pois si que collías, viaxabas, pa ir a velo, irllas tocar e deso polo estilo. Nós tiñamos un caso dun en San Pedro de Nós en Coruña, prestaba as campanillas pero ca condición que había que ir buscalas alá, e levar as campanillas pa tocar o cinto alí. Entonces xa levaban o cinto montao menos os huecos das campanillas que que tiña il alí. Entonces chegabas alí, montabas as tres que tiña il e despois había que lle dar unha volta á aldea. Il gustáballe tocar a gaita, tocaba a gaita, outro tocaba o bombo, outro tocaba a caixa, veña, pois un pasacalles por San Pedro de Nós p’adiante. Pero,o,o se non ibas, non había campanillas.
E despois niste caso,o,o Pepe do Pataco, bueno xa,a,a na época que estaba hospitalizao, que estaba bastante mal, pois era na época do Entroido, i o que pediu foi que se lle tocaran por teléfono. Entonces nada, puxemos o teléfono e tocóuselle pos deso e,e,e i o home máis feliz do,o,o do eso.


