Informante: Eu o rollo do Carnaval desde piquiniño axudáballe ao pai, o pai poñía as campanillas aí na cociña, facía o cinto, e como non tiña que facer eu dobláballe as puntas pa enganchar, e foi donde eu fun enganchando, enganchando, e gustoume moito e gústame. E botei no,o,o rollo do Carnaval, inda ben anos, eh, ben anos, o que pasa que ahora non podo e hai que descansar, deixarllo aos novos, que se movan.
E campanillas hai, o que pasa que moita xente nas casas non sabe delas, porque eu tiña,a,a dous paisanos, tres, íballe pedir as campanillas, e dixo: “Eu deixábachas, pero non sei delas, non sei delas!”. E díxenlle eu: “Bueno, e si llo digo eu?”. “Déixochas!”. Dixo: “Vaia alí, naquel burato están”. E iban e deixábanmas. O que pasa é que ahora eses homes, esa xentiña morreu xa toda. Os novos, pasodoble, non aprecian nada desto. Nadie. Aiquí apréciase algo, ao que lle gustaba o Carnaval gardou toda,a,a a cousa esta, campanillas, os traxes vellos, de todo. O que pudo gardouno, pero a outra xente pasa de,e,e do Carnaval e de nós e das campanillas.
Interveniente: I as campaniñas antes onde se compraban?
Informante: Antes en Portugal, según decían os vellos, eh!
Juan Carlos González: Entraban moito de contrabando.
Informante: Si.
Juan Carlos González: Donde se conseguían, sobre todo a xente de aiquí, era nas nas feiras porque as vacas iban tódalas cas campanillas.
Informante: E facíanas.
Juan Carlos González: E facíanas tamén.
Informante: Cousa que ahora,a,a fanas, pero mui mal.
Interveniente: Facíanas os portugueses.
Informante: Si, si, estas boas.
Interveniente: Si.
Informante: Inda siguen facendo estas outras amarillas, pero estas, vaia por Dios, eso non vale pa nada, polo menos pa min.
Interveniente: Igual eran caras, ou?
Informante: Pa daquela, claro, hoxe hoxe mirando ben é barato, si miramos o que quere cada un.
Interveniente: Claro.
Informante: Porque eu estuven en Burgos e,e,e conocía alí un tratante, tu que andas aí comprando e vendendo ganado, non sabes onde haxa,a,a,a eu levaba unha miña, bueno, do pai, estaba o pai vivo e,e,e como esta, e díxome: “Pois sei eu, en Santander, alí hai campanillas destas”.
Bueno, e un día dixen: “Ala, pois vamos mirar”. Fun a Santander, o mercado ghanadero, non me acordo como lle chaman ahora oa mercao, que é mui grande, eh, un mercado máis grande que o de Santiago, nada. Anduven preghuntando alí por alí, vólvo encontrar co tratante, e dixen: “Tu, aquí non hai nada. Onde están?”. Dixo: “Pois vai a tal sitio, en tal esquina hai un un un bar, ao lado do bar hai un portal, e se non ves, chamas alí no segundo, se non está nadie, sales pa fóra e vas ao ao casino”.
Fun alí, chamei, nada, e despois fun ao casino, chamei e,e,e chamei, entrei e preghunteille: “Non haberá ningún señor por aiquí que teña desto?”. E díxome o,o,o un camarero, díxome: “Hai aiquí un que si, e ten moitas”. Dixen: “A ver, carallo!”. Alá fun, falei co home, díxome: “Vamos, vamos á casa”. Abriume a porta da habitación, a tope delas.
Interveniente: Si?
Informante: Si. E chocas destas ghrandes, tiña unhas chocas que non había que,e,e un home pa andar con elas non podía. Eran así. O que é a valla da carretera, despois díxome do que o fixera, da valla, cortouna e púxoa plana e fixo as chocas. E pois as outras eran as portuguesas, esas ruinciñas, e tíñaas todas aparexadas, pero un montón delas, ai Dios mío. E díxenlle,e,e: “E logo doutras non ten?”. E díxome: “Se queres das outras, tes que ir arriba á á montaña onde anda o ganao suelto, alí hainas”. E enseñeille a miña, e dixo: “Como estas?”. Hainas coma esas algunhas”. “Porque estas de usté son das amarillas, son das que fan ahora. Esto non vale”. “Vale, vale, vale”. “E logo canto vale a parexa?”. E xa me pedira daquelas cento e pico euros ou douscentos. “Tenme que me perdonar, eh, pero se mas regala, que non llas levo, e perdóneme”. E dixo: “Non, regalar, non”. “Bueno, eu non lle digo que mas regale, pero, non llas, non as quero pa min”.
Pero había que subir alá arriba, e dixen: “Sube alá, o ganao anda suelto, con quen falo? Se houbera o nombre, pois esta finca é de fulanito, bien, pero...
Interveniente: E cando se buscaban as campaniñas, buscábaselles algunha tonalidade en concreto, ou dá igual como sonara, ou?
Informante: No,o,o no, hai que buscarlle as que tocan ben. Si che meten outra, ou dúas ou tres máis maliñas, poise hai que baixar a orella e traela pa a casa.
Interveniente: I o cinto onde se poñían as campanillas, de onde,e,e onde se facían eses cintos?
Informante: No zapateiro.
Interveniente: No zapateiro.
Informante: Si.
Interveniente: I aquí había en Santiago,o,o ou había que ir buscar outro sitio?
Informante: Non, aiquí había un zapateiro alí onde a cantina, bueno, era antes a cantina. E facíaos bien, eh.
Interveniente: Si.
Informante: Si.
Interveniente: Axustaba pa que todo o mundo...
Informante: O cinto que,e,e que pa min era o millor do mundo e será, non os de ahora, era un, o vello, o de piel de marrau, porque aiquí era...
Juan Carlos González: Está aí no museo.
Informante: Eiquí estaba aberto, non apretaba, estaba así. Cojonudísimo. I además duro, non andaba doblando nin nada. Ese era bon, pero, os aniños.
Interveniente: Claro.
Informante: E pasou,u,u veteranos, que daquela,a,a daquela,a,a daquela dábanlle, eh.
Interveniente: I os cintos montábaos o seu pai?
Informante: Si. Meu pai eso dáballe ben e gustáballe. O Carnaval gustáballe moito.
Interveniente: E de quen aprendera el?
Informante: Eu que sei antes como facían porque,e,e, bueno, estaba o irmao Camilo, que foi quen trouxo a piel do marrau pa o cinto, que era máis vello cá el, i o,o,o o do Diegho, o que morreu en Argentina. Ises dous eran os cabecillas. Había así unhos veteranos que eran os que tiraban pola vaina. E despois os outros a moverse, buscar campanillas, e facer o resto, pero,o,o o bacalao cortábano os veteranos.
Interveniente: Os gaiteiros tamén eran d’aiquí, os que viñan ao Entroido?
Informante: Eran de,e,e de aí arriba, Villar do Mato.
Interveniente: Home, claro!
Informante: Si.
Interveniente: Que d’alí hai moita peza recollidas Si, si, si señor.
Informante: Ise pueblo antes era d’aiquí.
Interveniente: Vilar do Mato?
Informante: Si.
Juan Carlos González: Era o último pueblo que había antes de,e,e de Vilaúxe, que pertenecía á parroquia de Vilaúxe, despois collérono.
Informante: Foise pa Vilaúxe, pero, sin embargo, paghan a contribución por por aiquí.
Juan Carlos González: Si. E sin embargo ises gaiteiros viñan p’aquí e non iban pa Vilaúxe.
Informante: Si, pero morreron, porque d’aiquí fóronse pa Monforte, chamábanlle os Silvas, e viñeron muitos anos porque aiquí estaban na casa, conocían a todos.
Interveniente: E na formación cantos gaiteiros había cando viñan?
Informante: Istes? Istes eran catro.
Interveniente: Catro gaiteiros.
Informante: Si.
Interveniente: E que percusión había, había unha caixa?
Informante: A caixa, un clarinete, a ghaita i o bombo. O,o,o o irmao do piquiniño tocaba o clarinete, e despois o outro señor fuerte, que era de Monforte, a ghaita.
Interveniente: Pero eran catro gaitas ou eran catro músicos?
Informante: No, no. Catro músicos!
Interveniente: Eran catro músicos.
Informante: Catro músicos. Si, si.
Interveniente: E tocaban fino, que si que tiñan sona.
Informante: Ises sabían tocar o Carnaval, ises si que sabían. E pois había outros d’aiquí de Muradelle, os Barrios.
Juan Carlos González: Os Barrios.
Informante: Que tamén. Dous eran d’aquí de Nogueira, unha ghaita i o bombo, e des/
Juan Carlos González: E tocaba o clarinete tamén un dos de Nogueira.
Informante: O Parrote.
Juan Carlos González: Si.
Informante: Si. Tocaba a ghaita i o o clarinete. E despois estaba un da de,e,e de Mundín, un piquiniño que tocaba a ghaita.
Juan Carlos González: E despois o outro era de,e,e d’aí de,e,e de Lobelle ou de por aí donde A Barrela.
Informante: Si señor.
Informante: I o zoqueiro.
Juan Carlos González: Si.
Informante: Que era o que mandaba. Ises eran máis.
Juan Carlos González: Os Barrios inda hoxe que esisten, o que pasa que xa non é nin asomo dos gaiteiros que eran porque aí xa non esiste ningún. Morreron todos de vellos xa.
Interveniente: I a gaita pola corredoira era a única música de Entroido?
Informante: Si.
Interveniente: Non cantabais ningunha entroidada?
Informante: No.
Interveniente: Así, simpática nin nada?
Juan Carlos González: Aiquí hai unhas marchas específicas.
Interveniente: Si.
Juan Carlos González: Pa desfiles e deso polo estilo, e d’aí... Despois si, os gaiteiros á acabar á acabar o que era o Entroido, si, tocaban aí pa que a xente bailara, ou deso.
Informante: Antes, si, bailaban.
Juan Carlos González: Era o que,e,e o que o que se terciaba.
Informante: Non, antes había muita xente, ho! Viñan de do outro lao do río, de Diamondi.
Interveniente: De Diamondi! Viñan hasta aquí?
Informante: Andando!
Interveniente: Carai!
Informante: E volvían de noite p’alá. Moita xente!
Interveniente: Logo a festa pagaba a pena, si non, non viñan.
Informante: Non, gustáballes, eu que sei. Bueno, de dende A Barrela andando, hab/ Ese camiño que sube por aí arriba estaba a tope de xente, non había tantos árboles, que hoxe vaia por Dios, non se ve nada, pero antes había moita xente. Moita xente, moita xente.
Juan Carlos González: Porque había xente que hasta vivía alá, naquiles árboles altos, alí chámanlle O Campo, antes era un campo, hai aí unhas casas, e desde alí víase todo, entonces moitos que viñan xa se quedaban alí e víano desde alí, porque preguntáronme a min pola tarde, si viña moitísima xente, como podíamos faguer, e díxenlle: “Fincas que hai abondo p’atrás, pa facelos ir p’atrás”.
Informante: Home claro.
Juan Carlos González: A base de,e,e de cinto limpio, e veña, despeja pista,a,a e p’atrás.
Informante: Non, antes se,e,e o que se pasaba, porque hoxe os maraghatos non saben facer, o maragato ten que apartar a xente, deixar sitio libre po,o,o pos oficios, e deixan que, entra a xente alí, non non deixan facer a cousa como Dios manda. Eso está mal. I pois, ao millor, sin más e sin menos, danche un cintazo, bueno, a que vén esto. Se te metes alí paréceme ben que me den, pero se non, por que me teñen que dar? Hai cousas que,e,e que non lles entra na cabeza a esta xente. Se fora cos vellos, corríanos a patadas! Si,i,i os vellos d’antes eran direitiños, eh!
Antes pedíase o viño o viño polas casas ao domingo á mañá, o que fixera falta p’alí pa beber xente, ese era gratis, i o que sobraba vendíano pa gastos do pagar a gaita, soldar campani/ bueno, pa eso.
Porque un ano aiquí non sei que pasara, houbera problemas non sei que co viño, non m’acorda; entón había facía falta a peseta po,o,o po Carnaval, e tuvemos alí na,a,a na cantina falando, e díxonos o,o,o o da cantina, que pobriño hoxe está mal, dixo: “Pos vamos a Nogueira. Eu encárgome de traer p’aiquí un medio de viño”. E,e,e díxenlle eu: “Bueno, por min, vamos”. Unhos baixamos por aquí, pola Veigha, eu iba de maraghato, i o Pepe da tienda do volante foi por riba con dous no coche, e quedaba,a,a na tienda, non me acorda quen quen quedaba, pa levar o camión, xa tiña un medio no camión posto. Alá arrancamos, cando nos xuntamos enriba dixo: “Pois hai que,e,e a ver como facemos pa chamar a fulano”. Había un home de Nogueira, e dixo: “Non, pa Chantada vou eu”. E díxolle o Pepe: “Pois dille a,a,alí na casa que veña o camión pa baixo”.
Un medio de viño! Son dez canados, que son moitos litros, eh, son catrocentos vinte litros, en cousa de,e,e unha tarde, non foi máis, pero el como,o,o iba andaba por aí no leite, conocía a todos, i eso vino eu nunha bodegha.
Interveniente: Caramba.
Informante: Cheghou á bodegha e dixo: “A ver!”. Colleu o,o,o o home, o dueño a ola, unha ola lle chaman de vinteún litros pa coller sacar o viño, e díxolle este, o Pepe, díxolle: “No, eso non fai falta”. I o que iba de maraghato, non non me recordo quen era ahora, díxolle: “Ponlle alí a piel”. Púxolle a piel á salida do,o,o da cuba do viño, hasta que encheu a piel, a piel quedou alí quieta. O Pepe tiña pa eso era cojonudo!
I antes pedíase aí no campo. No. Pedíase o,o,o a ver, tanto, tanto, tanto, e así. Todos os días! Bueno, to/ os catro días, quero decir. E despois o martes, aí na cantina, a cuentas todos, esta parroquia i esa d’abaixo da Sariña. Porque eles tamén viñan aiquí ao Carnaval, pero, no rollo de campanillas, así de punta, a ver cal era o millor. Despois ao final eí pa cuentas, ao que tocara, sin problema ningún.
Interveniente: Si señor.
Informante: Daquelas e,e,e había moita xente, era o bonito.
Juan Carlos Gónzalez: Pero aquí en Santiago de Arriba, cantos veciños habería xa daquelas? Un feixazo! Porque vendo os que había en cada casa, xa,a,a xa xuntabas xente a,a,a a feixes.
Informante: Aquel daquelas, en cada casa cantos había? Bueno, moita xente. Non facía falta buscar nadie de fóra, eh.
Interveniente: E cóntasnos algún oficio que se che acorde que,e,e che parecera...?
Informante: Ui, aiquí fixeron moitos. Fixeron unha vez un desfile, marcando o paso, quen mandaba era Pepito do revisor, que era, xa fora alférez na mili, o meu pai era cabo, despois había outro home outro home que era alférez, me parece, desfilando alí, fixeron as de Dios. Foron onde o Matías, cando tiña a carnicería, e pedíronlle a piel dunha vaca ou dun boi, daba igual, pero que non lle sacaran os cornos, tiña que vir cos cornos na cabeza, i o home dixo: “Que problema hai, despois córtollos e,e,e vendo a piel”. E alá foron. E puñéronlle a,a,a a piel ao Larán, i o Larán era falso como as pesetas, ai, Dios mío, falsísimo, se me ves aquil home de cara á xente con aquiles cornos, non había quen tuvera mau dil alí, eh! E hai moitos máis.
Cando había un oficio, sobre todo o martes, aparecía o Larán por tras ca máquina de sulfatar, collía á xente alí, claro, a xente pa saltar pa dentro, había problema, e doutra maneira estaba o outro ca máquina!
Juan Carlos González: É que,e,e unha das putadas é que a máquina de sulfato levaba sulfato de verdá.
Informante: Si,i,i. No, ise home era era a hostia, era a hostia.
Interveniente: Fixeron algún oficio á xustiza? Algo así representando un xuízo ou algo.
Informante: Non, diso si que non o recordo, eh!
Interveniente: Ou xulgar a alguén ou algunha cousa desas.
Informante: Deso non recordo porque,e,e antes, fai anos, en Chantada había un brigada,a,a moi guapo, si, porque aiquí chegaba aiquí e,e,e decíalle a calquera: “Eh, quen é ese que vai cas campanillas?”. “Pois non sei”. “Quen e ise que vai cas campanillas?”. “Non sei”. Plas!
Juan Carlos González: Xa tiña o apodo bon, o Tocamadera.
Informante: Si.
Interveniente: O Tocamadera.
Juan Carlos González: Tocamadera.
Informante: Cha/ chamábanlle Tocamadera. E ao ao irmau de Helena, mandoulle unhas hostias alí na tienda que quedou temblando. Era un home malísimo. Entonces, ise home andaba vigilando, e había un, por disgracia, xa morreu, un cura malísimo pa eso, o,o,o (Corres), que morreu onda vai xa, giábase por il. Cando había Carnaval ou de eso, decíalle ao ao Tocamadera: “Hai Carnaval, vaite alá”. En en vez de axudar, pa que lle viñera pegar á xente.
Interveniente: O cura en tempo de Entroido por aquí non aparecía.
Informante: Aquil, non ho! Aquil era malo. O que veu dispois si.
Interveniente: Si.
Informante: Porque,e,e alí na misa, falamos un día con il, e díxonos: “Mirade, se tedes Carnaval, falade comigho antes. Se algo pasa, aquí estou eu”. Desde eso o home encarghouse de todo, nunca houbo problemas aiquí. Todo perfeto. Pero co outro cura, puta que o pariu! Que malo era! E hasta por encima que era d’aiquí. Bueno, d’aquí non, alí ao lado de Chantada. Pero,o,o claro,o,o a xente meterse a facer algún oficio así raro,o,o con esta xente non se pode. Non, porque,e,e...
Interveniente: Nun nun sitio como este que ten o Entroido tanta, así, tanta tradición, recordades frases ou refráns do Entroido? Así ou que apareza o Entroido,o,o así, invocado? Por exemplo, hai, a veces, dícese: “Entroido á raxeira,a,a pois lume na lareira”. Non?
Informante: No.
Juan Carlos González: No, eu deso non non me acordo de nada deso, nin me acordo nin teño escoitado nada (deso).
Informante: Non.
Juan Carlos González: I eu teño pasao moitas horas cos vellos, moitas horas.
Informante: Pero deso nunca falaban. No.
Juan Carlos González: De todas maneiras, e,e,e nos temas do Entroido, a xente érache mui reservada.
Interveniente: Si?
Juan Carlos González: E si ibas diretamente a falar con iles pa que che quitaran temas específicos do Entroido, aí cerrábanse en banda, i olvídate. A única maneira que che falaran do Entroido é, deixarlles ao seu aire, tomar un vasiño de viño e, cando a eles lles parecía, sacábanche iles o tema e largaban o que quixeran, pero cando decían, cremallera, cerraban a boca, i olvídate, podía pasar o día enteiro que non non soltaban prenda.
Informante: I aí non se vía a cara de nadie, eh, nin de volantes nin maraghatos. Aí chupábase a careta hasta,a,a chegar á casa.
Interveniente: Respetábase todo eso.
Informante: Si. Aghora, non. Ahora, cada un é libre, pero antes non deixaban. Dios me libre que os vellos viran eso, que xa no volvía tocar ao cinto das campanillas! Eso, non. Non, eso eran aí mui mui retos, mui,i,i... Ben, a min gústabame así, por que eu por que teño que saber quen é ise, se ao millor dáme co cinto, se non lle vexo a cara, alabado sea Dios, pasodoble, pero si lla vexo, pódolle decir: Oes, tu que?
Juan Carlos González: Bueno, quita as campanillas da arca do trigo, anda!
Informante: Eu eu eu dígoche don/ donde están si queres ir por elas.
Juan Carlos González: Pois aquí tedes das millores campanillas que hai na (parroquia).
Interveniente: I botáis pólvora no,o,o Carnaval?
Juan Carlos González: No.
Informante: Non. Aiquí, no.
Interveniente: Nin falta que fai.
Juan Carlos González: É que nós no,o,o no Entroido son cousas que non, mismo cá unha orquesta, como un ano en Vilaúxe, non non aquece no Entroido. Andas no de toda a vida, entonces, gaiteiros e festa, si, o que o que se queira.
Informante: Os ghaiteiros, si.
Juan Carlos González: Pero,o,o o resto no.
Informante: Si. Non pega a orquesta.
Juan Carlos González: Non, ho!
Informante: No.
Interveniente: Para nada.
Informante: Non. I os gaiteiros hoxe, vaia por Dios, pero bueno, que lle vamos facer!
Juan Carlos González: Inda gracias por telos!
Interveniente: As campaíñas ruíñas! Os gaiteiros ruíños! De verdá, eh!
Informante: Non. Ahora, non.
Juan Carlos González: Os gaiteiros inda suerte que veñen eses de Vigo, que se non!


