Lois Pérez: Dunha banda, si non non tanto por o recoñecemento pero si polo paso do tempo, si lle dades un valor distinto agora ca perspectiva que dá o paso dos dos anos o traballo que fixestes, ou xa daquela? Bueno, Antonio i i i as demais e,e,e ou xa érades conscientes naquel momento de que estábades recollendo algo que que podía ter xa un valor mui mui elevado?
Antonio Reigosa Carreiras: Eu creo que fomos sendo coscientes progresivamente na medida na medida que nós tamén e,e,e digamos, aprendíamos cousas, non? Iba ía íamos contrastando o que tíñamos, as referencias que podíamos atopar, o valor que lle deran noutros noutros, bueno, noutros contestos etcétera etcétera, non? Pero, e,e,e eu, digamos xa no plano, non esactamente como Equipo Chaira, senón no individual, e Xan tamén estu/ estaba implicado nos mesmos proxectos, cando por exemplo nos metemos a elaborar O dicionario dos seres míticos ou Contos colorados, ou a coleción Cabalo Buligán, eu creo que foi cando realmente nos demos conta, porque claro, cando elaboras todo eso non bebes só do que ti e,e,e coñeces, tes que ir á bibliografía, tes que ir a moitas fontes, non). E d'ai eu creo que nos, polo menos eu, dou din dinme conta de que o que aprendéramos en todo,o,o o tempo de Chaira, era realmente importante e sobre todo que estábamos aportando, digamos ao coñecemento xeral, algo que non estaba. É evidente que o que fixo a Xeneración Nós, fundamentalmente, non esclusivamente, pero tiña unha aportación, chamémoslle xeográfica, ourensá, nun porcentaxe alto. Pero, en cambio, contrastando o que nós aprendemos en todo este tempo con esas fontes, pois realmente nós estábamos aportando cousas novas, novidosas que non estaban na nosa,a,a.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E aportando relatos actuais a,a,a a,a,a unha bibliografía na que estaban relatos de fai cincuenta anos, pero non de agora.
Antonio Reigosa Carreiras: É dicir, que na medida do posible, contrui/ contribuímos a que, como Chaira, a,a,a enriquecer o,o,o coñecemento fundalmentalmente da mitoloxía e do,o,o e da literatura de tradición oral, especialmente no apartado do conto pola coleción, na coleción e,e,e Cabalo Buligán, por exemplo, que xa non me acordo os contos que van, pero son bastantes, e,e,e fixemos o esforzo de anotar a cada conto todas as versiós que coñecíamos dese conto mais as referencias dos catálogos internacionais i algunha referencia literaria se a coñecíamos ecétera.
Claro, todo eso non deixa de, i i i un porcentaxe altísimo de versiós que están aí como en Contos colorados, por exemplo, son das recollidas de Chaira que están inéditas moitas delas, moitas, a maioría, a inmensa maioría non están publicadas en outro sitio. Por tanto, a min me parece que como Chaira, aínda que,e,e digamos un porcentaxe alto non se poida valorar individualmente porque non está, non é como,o,o o de Abadín ou da,a,a ou da Pontenova, ou,u,u o que se publicou de Chantada, o que se publicou de de Fonsagrada.
Mercedes Salvador Castañer: De Fonsagrada.
Antonio Reigosa Carreiras: Pero están nos nosos arquivos, están na nosa,a,a memoria e no noso coñecemento porque nós, outra cousa non, pero trascribir, trascribimos.
Mercedes Salvador Castañer: Todo.
Antonio Reigosa Carreiras: Moitísimo, e temos os esa documentación toda,a,a.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si.
Antonio Reigosa Carreiras: Gardada e usámola cando fai falta.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Cada peza, despois hai unha parte importante tamén, e,e,e sobre as lendas, non? que,e,e aquelas fichas que nós facíamos, si,i,i nos contaban unha lenda dunha pena, ou dunha fonte no medio do monte, alá íamos e,e,e.
Antonio Reigosa Carreiras: Facíamos fotos.
María Ofelia Carnero Vázquez: Facíamos fotos.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: A facer foto, a ubicala nun plano que levántabamos un pouco daquela maneira, pero (ía na ficha). —Esto está en tal sitio; aquí houbo,o,o unha,a,a un campamento dos romanos, si vas por alí, está cheo de tellas aínda e tal. —E quéresnos levar alí? É decir, en Donalbai.
Mercedes Salvador Castañer: Donalbai.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Donde había as lendas dos mouros, que hai alí unhas penas e,e,e naturais pero con restos neolíticos, levábanos alí, facíamos as fotos, é decir, ese esforzo por documentar porque no e,e,e nas lendas é moi importante o lugar, eso vai e,e,e asociado a un lugar, e ten que ir o lugar perfectamente referenciado. Eso foi un esforzo que fixemos porque a veces atopas na bibliografía. —E alí había unha (pedra) e baixaba unha moura cunha pena na cabeza e pousouna aí! Pero non sabes onde a pousou. Entón, ese é outro,o,o aspeto que tamén temos que,e,e valorar sobre o que foi o noso traballo de campo, i o que entregamos e,e,e ao organismo que nos subvencionou porque entregamos todo eso, ese material escrito e,e,e gravado, ao concello da Pontenova tamén.
Antonio Reigosa Carreiras: Incluso se nos pediu algunha vez algún informe en base a esa,a,as.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si.
Antonio Reigosa Carreiras: E,e,e referencias para parar unha canteira, por exemplo, no entorno do xacemento, cousas dese tipo.
Autor/a da transcrición: e~xenio