Lois Pérez: Eu creo que un pouco de desto que comentaba Antonio antes da,a,a deste malestar (entre) da parte da,a,a da,a,a bueno da cultura ou da da literatura, bueno, hai varias cousas, pero tamén pode estar esto do,o,o este tema,a,a esa resignificación da au/ do concepto da autoría, non? que moitas veces, pois claro, está asociado na literatura, por suposto, ao tema individual, maiormente protagonizado por por homes, sin embargo, esta celebración vén a poñer en valor algo comu/ algo comunitario, algo no que a autoría é colectiva, que está digamos máis repartido ese protagonismo.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Bueno, eu sobre eso da autoría colectiva, eu teño aí unha discrepancia. Eu penso que a autoría nunca é colectiva.
Lois Pérez: Xa.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Sempre houbo alguén que compuxo a peza.
Lois Pérez: Si. Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E que a compuxo pra dar resposta a unha necesidade; alguén cantoume o outro día esto, voulle responder. É decir, hai unha creación individual, o que pasa que un creador tivo ésito i eso difundiuse, non?
Lois Pérez: Claro.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Pero e,e,e hai cousas trasmitidas aquí que non foron creadas aquí, non? Esto de que se cante en castelán, e,e,e moitas das cantareiras, que moitas estrofas sexan en castelán, esas estrofas eran de ida e volta, eh! traíanas os que ían segar a Castela, traía o que fora a servir a non sei donde, i en certa maneira hai unhas coincidencias mui grandes. Tamén, ás veces, a a as coplas son as mesmas en Valladolid que aquí, é decir, pero a creación sempre tuvo un punto de partida individual. Alguén traballou na cabeza e ao mellor ata a escribiu ou non a escribiu nunca, pero memorizouna, trasmitiuna i aí quedou. E a trasmisión ten eso, de que vai evolucionando, vaise deturpando, vai cambiando esta palabra, vai cambiando aquela rima ou aquel motivo pero hai unha (creación) individual sempre. Por que non?
Antonio Reigosa Carreiras: Estiven cunha persoa que cantou Encima de mel, filloas e,e,e que dixo anónimo i tal. E díxenlle.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: (No es) anónimo.
Mercedes Salvador Castañer: (No es) anónimo.
Antonio Reigosa Carreiras: Espera. E eu di/ Esto era,a,a digamos non era en público, era en privado, i tal, e dixen: «Non, eu sei como se chama,a,a o autor. E dígoche tal». E non sei que e tal.
Entonces, cando despois cantou o tema dixo: «Bueno, é anónimo, pero Antonio sabe como se chama o autor».
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Ese é un dos casos do que falábamos antes, de que vólvese colectivo o que é unha creación individual e firmada, porque o gaiteiro de Santaballa.
Antonio Reigosa Carreiras: (Incomprensíbel). É casualidade, pero.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: (Incomprensíbel). Coa súa firma.
Antonio Reigosa Carreiras: Sabemos quen é.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Si, é decir, é un descubrimento noso.
Antonio Reigosa Carreiras: Que si, pero eu refírome que,e,e o tema este do anonimato.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: (Incomprensíbel). Foi Mestra da Memoria.
Antonio Reigosa Carreiras: Anónimo é,é,e o o o que non ten nome, claro, pero non é tan difícil, esplicouno Xan ben, é decir, alguén fixo esta zoca, agora, pa ti, igual, e pa min é anónimo eu non sei quen foi.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Pero un d'aquí sabe si a fixo García (Incomprensíbel) ou (Incomprensíbel).
Antonio Reigosa Carreiras: Ben, a eso ía, pero aquí hai candidatos. Algún deles fixo esa zoca.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Ou se a gaita é de Seivane, ou a fixo,o,o.
Antonio Reigosa Carreiras: E despois, unha copla, un roma/ é igual, exactamente igual. Que pasa? Que como se trasmitiu por vía oral, fundamentalmente, non esclusivamente, que ese é outro tema.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Vamos a ver, ese caso concreto, decir, eso é unha composición dos anos vinte.
Antonio Reigosa Carreiras: Esa si, en concreto.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Cando Bal y Gay i Torner.
Antonio Reigosa Carreiras: Agora contestámosche.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Veñen con un aparato tremendo a gravar polas aldeas, nós gravámoslle a algunhas señoras que lle gravaran eles.
Mercedes Salvador Castañer: Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: En Codesido, concretamente, pois na provincia de Lugo xa recollen Encima de mel, filloas, que o acababa de compoñer o Gaiteiro de Santaballa, pero había impresos, difundíuse i empezaron os cegos a cantalo, e xa o cantaba a xente, i eles recollérono na Mariña, i está publicado no Cancioneiro de Bal y Gay, coño, pero si o acaba de compoñer o outro fai dous anos, e xa está na tradición oral como Gerineldo.
Ben, pois son métodos de trasmisión que non sempre son orais, e a creación non sempre é colectiva; é dun individuo que ademais tiña intención de firmalo porque escribía poemas e publicábaos na prensa de Vilalba, e poñía debaixo, Caetano Arias López, o o Gaiteiro de Santaballa. E despois facían os bailes e sorteaba e,e,e cousas, é decir, unha especie como o da mazá pa facer baile, el tocaba a gaita e repartía os impresos dos poemas que conocía, i hai algús que os sabe todo o mundo na comarca de Vilalba, o da Máquina de mallar, sábese cando se compuxo porque foi cando chegou a primeira máquina de mallar a a Santaballa no ano 18; i o e e,e,e o do,o,o Encima de mel, filloas, composto e firmado.
Mercedes Salvador Castañer: Firmado.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Nos anos vinte, e hai un impreso que o encontrou a sobriña.
Mercedes Salvador Castañer: É que nós...
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Bueno, ben.
Mercedes Salvador Castañer: Demos coa sobriña.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: E sabía de memoria.
Mercedes Salvador Castañer: E sabía de memoria.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Todos os poemas de seu tío, do tío, de memoria, pero estaban publicados tamén na prensa de Vilalba.
Mercedes Salvador Castañer: Si.
Xoán Ramiro Cuba Rodríguez: Entonces estuvemos comparando, ah! pero un tras outro.
Mercedes Salvador Castañer: Todos, apareceron todos.
Autor/a da transcrición: e~xenio