Calros Solla: Lembra o o conto da,a,a da ovella e mais o año? que estaban pacendo.
María da Vrea: E decíalle o o añiño:
—Maaai, vámonos, que pode vir o lobo e cómenos!
—Pacica, filla, pacica, que mañán choverá ou nevará, ou sabe Dios o que fará!
Paceron un pouco e decía:
—Maaai, vámonos, que pode vir o lobo e cómenos!
—Pacica, fillo, pacica, que mañán choverá ou nevará, ou sabe Dios o que fará!
E nesto cheghou o lobo e petoulle á porta, e díxolle:
—Maaai, vámonos, que pode vir o lobo e cómenos!
—Dille que bote a patiña por baixo da porta.
Calros Solla: Porque o ese ese é outro conto, ese é o conto dos dos cabirtos. A a ovella i o año, a nai.
María da Vrea: I a ovella abreu a porta co fuciño.
Calros Solla: No, pero este é que lle apareceu o lobo, apareceulle o lobo alí na leira i entón díxolle:
—Ovella!
María da Vrea:
—Vouche comer o o añiño!
Calros Solla: Aí está!
María da Vrea: E díxolle ela:
—Bueno, pois mira, fas moi ben, pero índa está sin bautizar.
E foron pra a beira do muíño, que había a canal do muíño coa aghua, e díxolle a ovella:
—Mira, ti poste aquí na beira, e eu vouche dando.
Era unha porca con porquiños.
—Vouche dando un a un, e ti valos bautizando e despois, cómelos.
Efetivamente, (vaise) a porca, púxose á beira da da canal do muíño, e vai ela, en vez de lle dar o (repuxou) en vez de lle dar o o añiño, doulle un empuxón, e caeu na canal do muíño, e foi po rodicio, entonces andaba:
—Parabilón, se (caras) ou non! Parabilón, se paras ou non!
Arredor do rodicio hasta que o levou o demo a centellazos!
Calros Solla: E e no conto parecido, no conto que é parecido a este, estaba a ovella e o año, cheghou o lobo, e o lobo díxolle que lle quería comer o año, i entón a ovella, pra ganhar tempo, díxolle ao lobo que fose afiar os dentes.
María da Vrea: Tras daquel penedo!
Calros Solla: Si.
María da Vrea: Que tiñan as carnes moi duras! Entonces, marchou, e subeu p,ola carballeira arriba e deitouse debaixo dun carballo, i alí estaba rezonciliándose el a si mismo, decía:
—Pero si meu pai nin foi, nin foi perito, nin, nada, a que iba eu alí facer esas cousas? I ahora si Dios me mandara unha centella do ceo e me matara!!!
Entonces había un home que estaba cortando ramas nos carballos, estuvo escoitando i ao que acabou, mandoulle a machada, e matou o home.
Autor/a da transcrición: e~xenio