Calros Solla: O conto deste que que morreu e foi pro inferno, e despois foi pro,o,o pro purghatorio e por últimas foi pro ceo. Recorda aquel conto? Aquel conto que cheghou ao inferno, i dicía el: 'Oh, que ben cheiraba, había unha churrascada, chourizos, viño de Barrantes!'.
María da Vrea: Todo. E dixéronlle:
—No, usté aquí non ten entrada, ten que ir pro purgatorio, máis pa riba.
Foi pa riba, e resulta que era a misma historia, cheiraba aquelo, recendía e tal. E dixeron:
—No, no, us/ aquí usté non ten entrada; ten que ir máis arriba.
E despois foi.
Calros Solla: Pro ceo
María da Brea: Po ceo. E dixo el.
Calros Solla: I alí recibiuno san Pedro.
María da Vrea: E dixo el:
—Veño do do purghatorio, o que alí había!; veño de todos esos sitios, todo cheo de comida, chourizos, viño de Barrantes e todo; e chegho aghora aquí ao ceo!
E como remata?
Calros Solla: 'E nada hai. Aquí non hai nada'.
María da Vrea: Nada.
Calros Solla: 'Atopo todo isto baleiro, e nada que comer, nada que beber'.
E que lle dixo san Pedro?
María da Vrea: Ahora pilláchesme!
Calros Solla: Pra tres que somos!
María da Vrea: Non pagha a pena encender a cociña!
Autor/a da transcrición: e~xenio