Calros Solla: Este era o Valiño, i o pai díxolle:
—Valiño, vai á feira e traime un carto de aghullas.
María da Vrea: Eso é. E trouxo o carto de aghullas. E que fixo? Espetounas no carro da herba do compadre. Cheghou á casa:
—Valiño, i as aghullas?
—Ai, espeteinas no carro da herba do compadre!
—E ti, home, se as habías de poñer na solapa da chaqueta, aí pa non perdelas!
—Bueno!
—Pois aghora vas á feira, e tráesme un ferro po arado.
Vai el colleu o ferro, clavouno na solapa da chaqueta e rompeu a chaqueta toda!
—Valiño, pero ti, home, non ves! Ese era pa coller un cor/ atarlle un cordeliño e botalo ao lombo e vir pra a casa!
E díxolle el:
—Pois, dismo aghora! Dixérasmo cando fun po O Foxo!
Ai, atoulle un cordel!
Calros Solla: Entón díxolle o pai:
—Aghora vai á feira e compra un porquiño.
María da Vrea: Comprou o porquiño, atouno polo pescozo, colghouno ao lombo; cando cheghou á casa, o porquiño aghanado.
—Pero e ti, home, se habías de vir co porquiño polo camiño, cochiquitó pr'aquí, cochiquitó pr'alí,í,í! Nada, fas así. Pois aghora vas á feira e cómprasme unha ola de barro.
—Moi ben.
Foi á feira, comprou unha ola de barro, atoulle un cordeliño, e a patadas coa ola, cochiquitó pr'alí, cochiquitó pr'acolá! E rompeu a ola toda! E entonces dixo:
—Pois aghora non vas ti, aghora vou eu á feira.
E marchou o pai á feira e el quedou, e díxolle el:
—Ten conta ca cabra non abra a billa do pipote! Se non! (Incomprensíbel) El quería xoghare, agharrou a cabra, atouna á billa do pipote, a cabra a ghurrar d'aquí pr'alí, abreu a billa do pipote, aí vai o viño todo!
Cando chegou o pai, o viño estaba todo tirado!
—Pero e ti, home, se habías...
Aghora si que xa non me acorda!
Calros Solla: Si, pero entón el sabendo que ía vir o pai i que e que ía berrar con el...
María da Vrea: Ah! Tiña unha ghaliña choca, e colleu unha maza e botouna e dixo el:
—Ah, esta maza que me mate a min!
E caeulle na cabeza, claro, e cheghou o pai:
—Valiño!?
Tiña unha ghaliña choca, tíñaa deitada e ma/ e dixo:
—Esta maza que me mate a min!
E caeu na ghaliña e matou a ghaliña. E vai el e púxose a chocar os ghuevos, e cheghou o pai:
—Valiño!
—Clou, clou! Estou chocando os ghuevos que a ghaliña deixou!
—Pero e ti onde estás?
—Clou, clou! Estou tocan/os ghue/ chocando os ghuevos que a ghaliña deixou!
[Es]taba chocando os ghuevos!
Calros Solla: I entón foi cando veu o pai, vai o pai, colleu unha maza pra espetar de novo a billa, pero a gholpeu tan forte que a maza foi polo aire, deulle na cabeza ao Valiño i o Valiño morreu, i os ovos quedaron sen chocar, e non houbo viño, nin cabra, nin pitos!
María da Vrea: Non houbo nada!
Calros Solla: Non houbo nada! Non houbo nada!
Autor/a da transcrición: e~xenio