Calros Solla: O,o,o o cura e mais a criada, o cura deixouna embarazada. O cura entón.
María da Vrea: Quixo botarllo carghar a outro no sitio, e díxolle.
Calros Solla: O cura buscou unha alpabarda pola aldea.
María da Vrea: Normal, a quen cargharlle o morto!
Calros Solla: O Xan.
María da Vrea: Eso es. E díxolle:
—Bueno, Xan.
E aghora, ahora xa perdín o (risco), eh!
Calros Solla: É que este este ten a súa complicación. Eh! Claro, o cura casounos, casounos, é decir, convenceu o Xan pra que casara.
María da Vrea: Claro.
Calros Solla: Coa criada
María da Vrea: I aos tres meses naceu o rapaz.
Calros Solla: Aí está! O Xan, aínda que era un Xan.
María da Vrea: Foi onda o cura e díxolle:
—Mire, señor cura, hai tres meses que nos casamos e xa naceu o rapaz.
E díxolle o cura:
—Mira, ten paciencia, San Juan e Sanjonás.
Calros Solla: Abril.
María da Vrea: No, maio, maiolo.
Calros Solla: Abril.
María da Vrea: Abril, abrilete i o mes que se lle mete son tres; maio, maiolo i o mes que vai solo son seis; e San Juan e Sanjonás i o mes que nace o rapaz son os outros tres, las criadas de los curas y las mujeres de los Juanes a los tres meses paren!
Calros Solla: Aí vai! I o Xan marchou convencido. E logho!
María da Vrea: Marchou convencido, e iban por un camiño, e había unhas lousas moi feitas, e díxolle ela:
—Ai, mira que lousas máis boas pa ta/ pa cubrir o noso hórreo.
E díxolle el:
—Si, pero como facemos?
E díxolle ela:
—Pois mira, de Dios están las cousas, ti lévasme a min e eu levo as lousas!
Autor/a da transcrición: e~xenio