Calros Solla: E recorda recorda o o conto das zarabetas? Da nai que tiña tres fillas.
María da Vrea: Tres fillas, e díxolle:
—Cando haxa xente de fóra na casa, non faledes.
Porque eran as tres zarabetas e non falaban ben. E entonces, pois, chaghoulle alí unha visita, e a nai estaba entretenida coa visita, entoncese vai unha e díxolle á outra:
—O pote féfete.
E díxolle a outra:
—Mételle coléfete.
—E non dixo nosa náfete que cando houbese xente de fófeta na cáfeta, que non faláfate con ninguéfete!?
Autor/a da transcrición: e~xenio