Calros Solla: I o i o conto do do cura que facía ollos?
María da Vrea: Facía ollos e... Xa non m'acorda!
Calros Solla: Era era un matrimonio, i o home tivo que,e,e tivo que marchar fóra a a traballar.
María da Vrea: Ah! (Incomprensíbel) I o cura poise.
Calros Solla: Aproveitou.
María da Vrea: Aproveitou pra ir pa onda ela. E entonces, claro, chegharon e dixéronlle a ela que anduvera co cura, e tal, e díxolle:
—Non, é que ti cando marchaches, olvidácheste de lle facer os ollos ao fillo, e e dixéronme que o cura sabía facer ollos, antes que nacera cegho, pois mandeillos facer!
E dixo el:
—Ah, está moi ben!
Pero ahora xa non me acorda!!!
Calros Solla: I entón que lle fixo o home? Foi á á corte do cura.
María da Vrea: E sacoulle os ollos ao cabalo do cura. I entonces chegha o cura á iglesia todo cabreado e dice.
Calros Solla: Na misa do domingo.
María da Vrea: '¿Quién sería el malvado que le ha quitado los ojos a mi caballo?'. E sale o outro. Aghora si que xa! Xa me perdín!
Calros Solla: '¿¡Quién sería la mala persona que le ha sacado los ojos a mi caballo; el indigno que le ha sacado los ojos a mi caballo!? ¡Que confiese pues es merecedor de un castigo!'. I entón entre o público, saíu o pai do rapaz e díxolle:
—Usté que tanto sabe de facer ollos!
María da Vrea: Por [que] non lle fai os ollos ao cabalo?
Autor/a da transcrición: e~xenio