Calros Solla: E e recorda o conto do,o,o do rapaz este que que que ía casar pero que os pais non o miraban como un bo partido pra a filla porque non sabía de aghricultura?
María da Vrea: Si. E díxolle ela, dixo/ dixéronlle os pais:
—Mira, ese pa ti non vale porque ten que muxir as vacas, e el non sabe.
E díxolle ela:
—Mira, non nos podemos casar.
E díxolle el:
—E por que?
—Porque ti non sabes muxir a vaca, e hai que muxir a vaca.
E dixo el:
—(Incomprensíbel) Como non sei muxir a vaca?
—Pois toma, aí tes, o caldeiro i a banqueta, e muxes a vaca.
Vai el, marcha pa a corte; os outros estaban arriba e asentían na corte, blum, gholpe p'aquí, blum, gholpe p'alí!
—Pero Dios mío, que estará facendo ese home? E que estará facendo?
E, cando cheghou, no cacharriño pequeno levaba un unha copiña de leite.
—Pero e ti non traes máis ca eso?
—Pois non, por máis que ghurrei non fun capaz de sentar a (vanca) na banqueta!
Calros Solla: E bo foi que lle sacou o ghurrucho de leite!
María da Vrea: O da punta dos tetos!
Autor/a da transcrición: e~xenio