Calros Solla: O rapaz miroulle o cu á nai i asustouse todo.
María da Vrea: Ah! E díxolle:
—Ai, mamá, e que é eso?
—Bueno, cala, non é nada. É o curral.
Calros Solla: É o curral.
María da Vrea: É o curral.
E despois veullo ao pai e díxolle:
—Oi, papá! E eso que é?
—É o carro.
—Pois tira, papá, que aún están as rodas fóra!
Calros Solla: Claro, ao primeiro miroullo á nai.
María da Vrea: Claro!
Calros Solla: I a nai díxolle que era o curral; despois miroullo ao pai, i o pai díxolle que era o carro; e despois mirounos aos dous funcionando.
María da Vrea: E díxolle:
—Tira, papá, que inda están as rodas fóra!
Autor/a da transcrición: e~xenio